terça-feira, 19 de janeiro de 2016

MADAME BOVARY COMENTARIO

MADAME BOVARY


Por outra parte, estábase poñendo moi sentimental.Fora preciso intercambiar retratos,cortar trenzas de pelo e Emma agora pedíalle un anel,un verdadeiro anel de matrimonio en sinal de alianza eterna.A miúdo faláballe das campás datradiña ou das voces da natureza; despois parrafeaban da nai dela, e a del.Rodolfo perdéraa fhabía xa vinte anos. Emma, así e todo, consolábao con dengues da linguaxe. Como se se atopase diante dun meniño abandoado , e incluso lle decía ás veces, mirando cara á lúa:
-Estou segura que desde alá arriba as dúas aproban o noso amor.

Pero estaba tan fermosa !Rodolfo posuíra tan poucas mulleres de semellante candor !Este amor sen desenfreo era para el algo novo e sacándoo dos seus costumes fáciles, afagaba á vez o seu orgullo e a súa sensualidade.A exaltación de mma, que o seu bo xuízo de burgués desprezaba, parecíalle non fondo do corazón encantadora, posto que se dirixía a súa persoa. Entón, seguro de ser amado, non se molestou e insensiblemente as súas maneiras cambiaron.

Xa non tiña, como antes , aquelas palabras tan doces que a facían chorar, nin aquelas afervoadas caricias que a enlouquecían, de maneira que o seu grande amor, no que vivía mergullada, parecía que ía descendendo baixo os seus pés, como a auga dun río que se absorbera no seu leito, e percibiu a lama.Non quería crelo, redobrou a súa tenrura e Rodolfo cada vez menos agochou a súa indiferencia.

Emma non sabía se ela se laiaba por ter cedido ou, polo contrario, se desexaba amalo máis.a humillación de sentirse feble tornábase en xenreira que só os praceres atemperaban. Non era agarimo, era como unha sedución permanente.Rodolfo escravizábaa.Ela case lle tiña medo.




1-Fai un comentario do seguinte texto tócando todos os puntos,narrador,tema,partes do texto, personaxes,vixencía na actualidade....

Nenhum comentário:

Postar um comentário

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA