Trala morte de Clerval
regresei a Suma co corazón esnaquizado. Sentía compaixón por
Frankenstein, e a miña piedade foise volvendo horror, ata tal punto
que me aborrecía
a min mesmo. Pero ao descubrir que el, o autor
da miña existencia á vez que das miñas atroces desgrazas, ousaba
esperar a felicidade; que, mentres pola súa culpa se acumulaban
sobre min tormentos e afliccions, el buscaba a satisfacción dos seus
sentimentos e paixóns, satisfacción que eu tiña vedada, unha
envexa incontrolable e unha punzante indignación enchéronme coa
insaciable sede da vinganza. Recordei a miña ameaza e decidín
levala a cabo. Sabía que eu mesmo me estaba preparando unha terrible
tortura; pero atopábame escravo, non dono, dun impulso que
detestaba, pero non podía desobedecer. Mais cando ela morreu, non
experimentei ningún pesar. No inmenso da miña desesperación,
conseguira afastar todos os meus sentimientos e afogar todos os meus
escrúpulos. A partir de aí, o mal converteuse para min no ben.
Chegado a este punto xa non tiña elección; adaptei a miña natureza
ao estado que escollera voluntariamente. O cumprimento do meu
diabólico proxecto converteuse nunha paixón dominante. E agora
terminou, aí xace a miña última vítima!
Ao principio a narración
dos seus sufrimentos conmoveume, pero cando recordei o que
Frankenstein me dixera ao respecto da súa elocuencia e poder de
persuasión, e vin ante min o corpo inanimado do meu amigo, sentín
como revivía en min a indignación.
Miserable! Berrei,
agora vés lamentarte da desolación que creaches? Lanzas un facho
aceso no medio dos edificios e, cando arderon, sentas a chorar entre
as ruínas.Enxendro hipócrita!, si aínda vivise este a quen choras,
volvería ser o obxecto da túa maldita vinganza. ¡Non é pena o
que sentes!; só xemes porque a vítima da túa maldade escapou xa ao
teu poder.
(...)
Vostede, que chama a
Frankenstein o seu amigo, parece ter coñecemento dos meus crimes e
das súas desventuras.Pero, por moitos detalles que deles lle dese,
non puido contarlle as horas e meses de miseria que soportei,
consumíndome debaixo de paixóns impotentes. Pois, aínda que
destruía as súas esperanzas, non por iso satisfacía os meus
propios desexos, que seguían ardentes e insatisfeitos. Seguía
necesitando amor e compañía e continuaban rechazándome. Non era
isto inxusto? Son eu o único criminal, cando toda a raza humana
pecou contra min? Por que non odia vostede a Félix, que botou da súa
casa, anoxado, ao seu amigo ?
1-Onde sitúas este
fragmento.
2-Cal é o tema ou temas
do fragmento e que relación ten co resto da obra?
3-Fala dos personaxes o do
seu papel.Quen é o narrador?
4-Características
formais.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
PUTA
Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA
-
A CANTIGA DE AMIGO 1.A cantiga de amigo é un xénero poético de orixe autóctona, cuxas raíces máis antigas non nos é posíbel determin...
-
Es Inverno. Inverno. Nena de pel branquísima e fazulas coloreadas polo sol alto de verán. Es Inverno, cativa de xílgaros nas mans e notas ...
Nenhum comentário:
Postar um comentário