domingo, 17 de janeiro de 2016

Comentario Madame Bovary.1ºBAC



Por outro lado, sentíase máis anoxada contra el.Carlos collía, coa idade, certos habitos groseiros: na sobremesa cortaba o tapón das botellas baleiras;pasaba a lingua polos dentes, despois de comer; ao tragar a sopa facía unha especie de cacarexo e como comezaba a engordar, os seus ollos, xa pequenos, semellaban subir cara ás sens pola inchazón das meixcelas.

Emma,algunhas veces,metíalle dentro do chaleque a beira encarnada da camiseta, axustaballe a gravata ou botaba a un lado as luvas destinguidas que ía poñer.E non era , como el cría, por el; era por ela mesma, por egoísmo, por irritación nerviosa.Ás veces, tamén,faláballe de cousas que ela lera, como dunha pasaxe de novela, dunha nova peza de teatro ou da anécdota do “gran mundo” que contaban no folle tín do xornal; pois, en fin,carlos era algén, un oído sempre aberto,unha aprobación sempre disposta.Tamén ela lle facía confidencias á súa cadela galga! E fariállelas aos troncos da cheminea e ao pémdulo do reloxo.

No fondo da súa lama, así e todo, esperaba un acontecemento.Como os naúfragos en apuros,paseaba pola soidade da súa vida uns ollos desesperados,buscando ao lonxe algunha candea branca nas brétemas do horizonte.Non sabía cal sería aquel azar, o vento que o impulsaría cara a ela, a que beira a levaría, se sería chalupa ou navío de tres pontes, cargado de angustias ou cheo de felicidade até os topes.Pero cada mañá, ao espertar, esperábao para aquel día e escoitaba todos os ruídos, erguíase sobresaltada,estranábase de que non viñese; despos, ao solpor, cada ver máis triste,desexaba estar no día seguinte.

Volveu a preimavera.Emma sentiu afogos coas primeiras calores, cando floreceron as pereiras.

Desde primeiros de xullo, contou cos dedos cantas semanas lle faltaban para chegar ao mes de outubro, pensando que o Marqué de Andervilliers, quizais aínda daría outro baile na Vaubyessard. Pero todo setembro pasou sen cartas nen visitas.
Tradutor. Antonio Pichel.

1-Cal é o tema do fragmento?Como está desenvolvido? Partes do texto.

2-Describe os personaxes: que características teñen? Cal é a súa actitude?

3-Características formais,léxico,tipo de oracións,verbos...

4.Quen é o narrador ?

5-Cal é a túa opinión do comportamento dos personaxes?

Nenhum comentário:

Postar um comentário

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA