sábado, 9 de agosto de 2014

Falando claro

Ten máis razón ca un santo se os santos teñen razóns..Un moi  bon artigo de Francisco Castro e iso que non  é santo da miña devoción.

terça-feira, 5 de agosto de 2014

Que ven o lobo.....

Hai moitos máis partidos e organizacións que non saben que facer con Podemos,é mais,non saben o que facer coa xente  que de repente se puxo a reclamar, a falar e a querer decidir: vaia  tontería  !!!.En resumo non saben que facer cando a democracia se converte en real.

segunda-feira, 4 de agosto de 2014

Feira do libro de A Coruña.

Logo dun deprimente pregón abriron,un ano máis,as portas da Feira do libro de A Coruña.Levo moitos anos asistindo e este non estou mais,levada pola nostalxia encamiñei os meus pasos cara ás súas casetas e mellor non o fixera,aquilo semellaba un funeral e morto era a nosa cultura ,a nosa lingua.
O meu primeiro contacto foi un debate sobre o futuro do idioma e que queredes que vos diga....De contado as miñas visitas ás primeiras casetas non melloraron a percepción,os rostros coñecidos amosaban sorrisos preocupados e nen o público asistente aportaba unha migalla de optimismo.
Ben certo é que cada un fala da feira segundo lle foi nela,mais,ou somos capaces de mudar  a situación ou isto vaise co vento.....

sexta-feira, 14 de março de 2014

Literatura

Se nos fixamos nas biografías de moitas autoras e autores,dámonos conta de canto lle debe a literatura ás enfermidades que os tiveron inmobilizados.Cantas grandes obras se escribiron  ou pensaron desde os leitos ou  nos quartos onde ficaban fechados !
A vida non vivida fronte a  vida soñada.

terça-feira, 25 de fevereiro de 2014

ANOVA

Cando unha organización ten uns dirixentes e unha militancia que non cre no proprio proxecto e anda a percura dun paraugas que a protexa,está condenada.Onde vai Anova ?
As alianzas deben se conxunturais e para fins concretos e sempre pensando nos intereses do País.Non creo que este sexa o caso.
Andaremos e veremos.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA