Cantigas de burlas: as cantigas de escarnho e as cantigas de maldizer
O terceiro xénero maior das cantigas medievais está constituído por aquelas que foron escritas cunha finalidade satírica e burlesca.As cantigas de burlas teñen un modelo no sirventés provenzal. Porén,a relación entre eles é aínda máis lixeira que entre acançóe a cantiga de amor: o sirventés era un tipo de poesía serio, que a miúdo abordabatemas elevados (morais, filosóficos, literarios). As nosas cantigas de burlas adoptan en xeral unha tonalidade chocalleira e buscan o ataque persoal, a ridiculización do adversario e a degradación a través do riso. Os poetas medievais distinguían:
a) as cantigas de escarnho, que eran as que falaban mal dalgunha persoa. Era, xa que logo, sátira persoal, e nela empregaban palabras de dobre entendemento (con dous valores semánticos) mediante o equívoco. Satirizaban de forma indirecta e encuberta. b) as cantigas de maldizer, eras aquelas nas que se falaba mal de forma aberta.Implicaban unha sátira clara e directa, na que se lle chamaba ás cousas polo seu nome. Esta distinción, porén, ten para nós pouco valor, posto que moitas referencias satíricas que para os contemporáneos eran evidentes, para nós son indescifrábeis. A dificultade de interpretar o equívoco incluso provoca que en ocasións cantigas de escarnho fosen clasificadas e interpre tadas como cantigas de amor ou de amigo. Por iso, preferimos falar de cantigas de burlas
A sátira directa ten un bo exemplo nesta cantiga obscena de Fernando esquío
A un frade dizen escaralhado,
e faz pecado quen lho vai dizer,
ca, pois el sabe arreitar de foder,
coid’eu que gai’é, de piss’arriçado,
e pois emprenha estas con que jaz
e faze filhos e filhas assaz,
ante lhe digu’eu ben encaralhado.
Escaralhado nunca eu diría,
mais que trage ant’o caralho arreite,
ao que tantas molheres de leite
ten, ca lhe pariron tres en un día,
e outras muitas prenhadas que ten;
e atal frade cuid’eu que mui ben
encaralhado por esto sería.
Escaralhado non pode seer
o que tantos filhos fez en Marinha
e que ten agora outra pastorinha
prenhe, que ora quer encaecer,
e outras muitas molheres que fode;
e atal frade ben cuid’eu que pode
encaralhado per esto seer.
A sátira política
foi utilizada en ocasións para intervir en conflitos que tiveron moita
importancia histórica intentando influír na opinión pública. Un exemplo disto
serían as cantigas onde Alfonso X critica a covardía dos seus cabaleiros na
guerra de Granada das que temos un exemplo en O genete.
A
sátira social, persoal e de costumes
critica as faltas e excesos de personaxes e grupos sociais, moitas veces a partir
de personaxes arquetípicos: Ex. as sátiras contra os infanzóns e cabaleiros da
baixa nobreza, os cabaleiros que non gardan o decoro, etc. Un grupo importante
de cantigas utiliza unha temática abertamente obscena na súa crítica contra as
soldadeiras, os clérigos viciosos, os homosexuais, pedófilos, onanistas, etc.
A
sátira literaria mostra a estreita
relación e interacción que existía entre os trobadores e xograis: críticas ás
composicións dos outros, sátiras sobre certos tópicos do amor cortés, debates
dialogados, acusacións de plaxio ou incompetencia, etc. Máis escasos son os
exemplos de sátira moral con intención de queixarse da perda xeral de valores
no mundo e a defensa polos bos costumes e a virtude dos tempos pasados, un
subxénero que se remonta á antigüidade clásica.
As cantigas de burlas son todas de meeestría e presentan un desenvolvemento signifcativo máis complexo
Desde o punto de vista estilístico, caracterízanse pola súa linguaxe directa, adecuada aos temas que desenvolven. O léxico empregado é concreto,moi a miúdo propio dun rexistro vulgar, polo que se converten nun valioso medio para coñecer a lingua popular da Idade Media. Carecen dunha métrica e unha estrutura formal propias. Polo xeral, sérvense dos tipos de estrofas e recursos literarios propios da cantiga de amor, pero tamén hai as que imitan a cantiga de amigo tradicional.
A estrutura consta habitualmente dunha primeira estrofa, que presenta o motivo central da composición, onde se cita polo seu nome o personaxe satirizado cando a sátira é persoal, e as restantes, que glosan a burla inicial mediante recursos paralelísticos. En moitas das cantiga ten grande importancia a narratividade, posto que desenvolven unha pequena anécdota argumental que serve de eixe estruturador da composición.
O recurso poético máis singular é oequívoco, que consiste en xogar codobre sentido das palabras.
A ironía: consiste en afirmar o contrario do que se pensa
con intención de burlarse desa afirmación. O xénero que máis a utiliza é o de
escarnio, ex: a 1ª cantiga de Pero da Ponte, Quen a sesta quiser dormir,
baséase nesta figura.
O equívoco: é unha figura que xoga cos dobres sentidos das
palabras, provocando ambigüidade e un sentido oculto (ás veces difícil de
descubrir) que agacha unha crítica feroz. é o caso da 2º cantiga de Pero da
Ponte, María Pérez, nossa cruzada.










