- INTRODUCIÓN: AS ORIXES. En toda a Idade Media a Igrexa tiña o monopolio da cultura. Nos mosteiros era onde se facían as copias e se reproducían os manuais greco-latinos e todo isto facíase en Latín. Unha sociedade feudal en continúos enfrontamentos non se andaba con requintes.A literatura era oral e nela predominaban os Cantares Épicos ou Cantares de Xesta que narraban as fazañas de herois mitolóxicos ou dos grandes caudillos medievais que eran exemplo polo seu valor e honestidade: A Chanson de Roland ou Poema do Mio Cid. Estes foron plasmados por ecrito a finais do século XI e principios do XII.
3. ENTRADA EN GALIZA.Esta poesía chega ao reino de Galiza que neste época desempeñaba un papel fundamental dentro dos distintos reinos mesievais. Os nobres galegos da casa de Traba ou de Castro eran mentores dos reis e moitas veces tiñan tanto poder coma elñes. Alén diso, Santiago era (con Rioma ) o centro da cristiandade e o seu arzobispo Diego Xelmirez presidiu unha época de esplendor e poderío económico desta diocese.As pprincipais vías de penetración:
- O camiño de Santigo
- Os monxes de Cluny
- Contactos nobiliare.
5. OS MANUSCRITOS. O corpus da poesía medieval galego-portuguesa está formado por 1680 textos pertencentes a 150 autores aproximadamente.
MANUSCRITOS CONTEMPORÁNEOS (fins do XIII ou comezos do XIV)
- O cancioneiro de Ajuda. Contén 310 composicións pertencentes a 39 poetas e son todas de amor.
- O pergamiño Vindel. As sete cantigas de amigo de Martín Codax con anotación musical.
- O pergamiño Sharrer ou manuscrito da Torre do Tombo. Sete cantigas de amor de Don Dinís, tamén acompañadas pola anotación musical.
APÓGRAFOS RENACENTISTAS. Copiados no séculos XVI/XVII a partir de códices hoxe perdidos.Nestas copias tivo grande importancia o humanista italiano Angelo Colocci, do seu escritprio saíron os dous cancioneiros máis extensos que hoxe conservamos ademais dun índice de autores, a Tavola Colocciana e un fragmento dun tratado de poética medieval, a Arte de Trovar.
- O cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa ou Colocci - Brancuti. Con 1647 é recompilación máis ampla da nosa lírica medieval. Recolle todos os xéneros.
- O cancioneiro da Biblioteca Vaticana, Recolle 1200 cantigas. Deste cancioneiro conservamos unha copia, O cancioneiro da Brancoft LIbrary.
- Dúas copias da tenzón de Afonso Sánchez e Martínz de Resende.
6. ETAPAS DA LITERATURA GALEGO PORTUGUESA. Foi un move,ento que durou 150 anos e datamos a súa porixe na cantiga "Ora faz ost´o senhor de Navarra" de Johan Soarez de Paiva. Con toda seguridade as cantigas feitas de maneira autóctona (as cantigas de amigo) xa circulaban por todo o país e certamente podemos presupoñer un período pre-trobadoresco durante o século XII.
- Pre-Afonsina, 1196/1245.
- Afonsina ou período Aúreo,1245/1284,
- Etapa Dionisíaca ou período arxénteo, 1284/1325.
- Pos-dionisíaca ou de recompilación,1325/1350. O Conde de Barcelos, LIvro das Cantigas.
- Decadencia. Escola galego-castelá,1354/1445. O cancioneiro de Baena. Separaciós de Portugal, derrotas dos nobres galegos...
Xograres e trobadores.João Soares de PaivaRubrica:Esta cantiga é de maldizer e feze-a Joam Soárez de Pávia a 'l-rei Dom Sancho de Navarra porque lhi troub'host'em sa terra e nom lhi deu el-rei ende dereito.Ora faz host'o senhor de Navarra,pois em Proenç'est el-rei d'Aragom;nom lh'ham medo de pico nem de marraTarraçona, pero vezinhos som,nem ham medo de lhis poer boçome riir-s'-am muit'em dura edarra;mais se Deus traj'o senhor de Monçon,bem mi cuid'eu que a cunca lhis varra.
Se lh'o bom rei varrê'la escudelaque de Pamplona oístes nomear,mal ficará aquest'outr'em Todela,que al nom há [a] que olhos alçar:ca verrá i o bom rei sejornare destruir atá burgo d'Estela,e veredes Navarros lazerare o senhor que os todos caudela.
Quand'el-rei sal de Todela, estrẽaele sa host'e tod'o seu poder;bem sofrem i de trabalh'e de pẽa,ca vam a furt'e tornam-s'em correr;guarda-s'el-rei, com'é de bom saber,que o nom filhe luz em terra alhẽa,e onde sal, i s'ar torn'a jazerao jantar ou se nom aa cẽa.EXERCICIOS
O tipo arcaico de xograr, como inferior socialmente ao de trobador, ten con este relacións de dependencia. O xograr nas cortes é o que, tanxendo un instrumento, canta os versos do trobador, ou o que coa súa música acompaña a este no canto. Así veremos a Xiraldo de Borneil viaxar polas cortes levando ao seu servizo dous xograres. Outras veces o xogral viaxaba só, sexa pola súa conta, sexa por encargo do trobador, sempre acudindo a este para pedirlle unha canción con que gañar a vida. [...] A miúdo o trobador provenzal nomea na súa canción o xograr por el encargado de difundila, ora cantándoa ante os amigos a quen o poeta saúda ou pide favor, ora ante os inimigos a quen insulta ou desafía; por esta mención coñecemos a moitos xograres que viñeron cantar en España. Ás veces o trobador escarnece na canción o seu xograr, o cal se compracía humoristicamente , como tipo afeccionado á sátira e á maledicencia, en cantar burlas de si mesmo. [...] Ninguén como os trobadores galego-portugueses para darnos o catálogo dos vicios do xogral. Por esas tensóns e por moitas cantigas de escarnho, nas que a saña non é mais que unha broma, o mesmo Afonso X e outros trobadores denúnciannos que Bernal de Bonaval traía consigo unha ruín muller da vida, digna de ser azoutada publicamente; que Picandón era tafur, camorrista e bebedor; que Afonso Eans do Coton se daba ás máis cotrosas rameiras, ao xogo, ao viño, ás rifas e á nugalla covarde; que Pero da Ponte era tamén borracho e ademais blasfemo, ladrón de cancións e se cadra homicida.[...] Máis nos importa o que o trobador galego di da arte do xograr. Non se molesta, como fan os provenzais, en censurarlle os grandes baleiros do seu repertorio, e así prívanos de coñecer detalles instrutivos da bibliografía literaria. As súas censuras son de carácter xeral. Por elas vemos que o xogral mao ten conversa triste e aburrida; en vez de tanxer as cordas da cítara, ráscaas desapracibelmente; en vez de cantar, grita, ou desafina, con voz cascada por vulgares vicios de taberna e lupanar; estraga as rimas e o metro do trobador; a sátira galega desafoga en aumentativos de desprezo para ridiculizar a este jograrón que a todos espanta en canto aparece co seu citolón baixo do brazo, e que por único pago merece unha puñada na gorxa ou unha malleira. O xogral bo, polo contrario, esfórzase cada día por adiantar no seu oficio; preocúpase de cantar sempre cancións de bos trobadores, ben feitas segundo arte; posúe as tres esenciais condicións xograrescas: donaire, voz e fiel memoria para facer lucir os versos sen alterar en nada as perfeccións que o trobador puxo neles. Pero a isto debía limitarse o seu espírito artístico: abondáballe cantar e “citolar” ben, sen que de ningún modo se entremetese a trobar. En opinión dos trobadores, o xogral carece por natureza de toda poética inventiva; se aspira á arte de trobar, terá que furtala, pois de seu non a ten.[...]
Como vemos, os trobadores galego-portugueses da corte de Afonso o Sabio pensan de igual modo que o provenzal Riquier. Segundo este, o decreto do rei separa o trobador que inventa e o xogral que executa ante unha corte de valía. E esta separación era corrente na vida cortesá de entón, como acabamos de mostrar: o xogral pide ao trobador as cancións; o trobador componas, e para publicalas toma ao seu servizo o xogral. Tales feitos declárannos ben a grande diferenza e a íntima relación que existe entre estes dous tipos nos usos máis correntes da poesía cortesá do século XIII; e esta diferenza continuou, pois aínda que o poeta cortesán perda a súa dignidade cabaleiresca e ata a súa independencia, aínda que a poesía veña ser para el un oficio do cal vive, aínda que se converta nun home asalariado e pedichón coma un xogral, seguiráselle chamando trobador, porque o seu oficio non é tanxer ou cantar coma o xogral.”
Ramón Menéndez Pidal, Poesía juglaresca y juglares. Orígenes de las literaturas románicas (Tradución)
1. As figuras de xograres e trobadores non tiñan igual perfil en Occitania e na Península Ibérica. A partir do texto, que diferenzas podes intuír?
2. Cal era a consideración social do xograr que reflicten estes textos? E a do trobador?
3. Entre as soldadeiras máis famosas dos Cancioneiros está María Balteira. Investiga quen foi esta personaxe e le algún dos poemas que lle dedicaron. Que consideración das mulleres reflicten esas composicións? Correspóndense co que anteriormente nos describe Marrou sobre a muller na sociedade cortés? A que será debida esta aparente contradición?


Nenhum comentário:
Postar um comentário