Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio.
quarta-feira, 25 de setembro de 2024
terça-feira, 2 de julho de 2024
Conservando a memoria con Luisa Villalta
OESTE
(céfiro)
Vente ventiño mareiro
vente noso compañeiro
Vén o vento do marzo
perpasa a cima do monte
e vén Vismar as partes feridas da nosa historia incongruente
Parece mentira o vento
o santo Sampedro que se levanta do mar
acaneando sobre a gadoupa cravada nas Illas
e vén vendarnos o Pé encetado pola Rata
Aquelas ratas que nos afusilaron tan sen remedio
como Bois mansos que éramos todos até aquel mesmo día
e máis mansos despois agardando cada verán o xeneral
abafante que decretaba as festas en estado de sitio
Bois nós, adicados às Amorosas tarefas
de alindar os Bens de noso
ou tremer no recordo insomne
que a ponta do campo das Durmideiras nos facía soñar
e esquecer
mais soñar e soñar aínda
com despertares de rúas Altas e Novas na cidade máis profunda
a do alén de nós, do alén e alento da nosa historia prohibida
Como, di ti, bardo de ferro prisoeiro,
como embubela a luz do faro cabo do Lobo
cando o vento vén tan frouxo do oeste
tan inxel que unicamente serve para mover os días eternos
de encarceramento em chaflán?
Contigo nós, aprisoados, como aprisoada ficou a esperanza
no fundo da caixa de estaño
A teimuda espera reside aquí e espera, espera aínda
espera o vento de sementar na Agrela que nos vai quedando
onde apesar do tempo criamos o nosos Bairros de Flores:
roseiras, margaridas e durmideiras talvez
mais durmideiras loucas para despertar as Ánimas
coas ondas escachantes das Portas dos Anxos
e mais as ánimas Estradas ante o campo dun Santoamaro enviso
convencido, vencido, seducido pola morte
E unha vez o vento veña e acabe por vir
de Visma vismarnos tanta pezoña
Orzaremos por fin
orzamentos sen fin proa a nós
De En concreto, 2004, pág. 29.
Assinar:
Comentários (Atom)
PUTA
Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA
-
A CANTIGA DE AMIGO 1.A cantiga de amigo é un xénero poético de orixe autóctona, cuxas raíces máis antigas non nos é posíbel determin...
-
Es Inverno. Inverno. Nena de pel branquísima e fazulas coloreadas polo sol alto de verán. Es Inverno, cativa de xílgaros nas mans e notas ...
