Mostrando postagens com marcador Narrativa. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Narrativa. Mostrar todas as postagens

segunda-feira, 18 de setembro de 2017

Como pedir un café en Portugal

Como pedir un café en Portugal.(tirado do blogue Eu o que quero é xamón.

O café en Portugal é unha cousa moi seria, que bo está! E aínda por riba, barato. Aquí tendes unha pequena guía para pedir café, de almorzo, a media mañá, ou de merenda cunhas natas ou cuns bolos de arroz. Se andades por Portugal, pode ser que vos interese este artigo de recomendacións de cousas do súper. E se estades na casa e vos presta un café, neste artigo tendes uns truquiños para que saia máis rico

Cafés con leite:

  • Galão: un café con moito leite, servido nun vaso alto e cunha culler longa. Pódese pedir “escuro” ou “claro”, dependendo das proporción leite/café que queirades Normalmente pídese para almorzar (no pequeno almoço, como eles lle chaman), despois das 12 do mediodía considerase estraño. Digo isto por si vos miran raro, cada un que pida o que lle pete 😀
  • Garoto: o que nós coñecemos coma “manchado”. Pouco café e moito leite, nunha taza normal.
  • Meia de leite: un café con leite, tamén típico para o almorzo.
  • Pingado: un café cortado.

Cafés sen leite:

  • Abatanado: o equivalente ao café americano, sería un espresso pero con máis auga. A textura é máis aguada e o sabor máis suave, pero leva igual de cafeína.
  • Café de saco: vén sendo o noso café de pota. Prepárase nos sitios máis tradicionais.
  • Café/bica/cimbalino: un café só. En Lisboa chámanlle bica (parece ser que vén do acrónimo “Bebe Isto Com Azucar”, porque era moi forte) e no Porto, cimbalino. Se precisades unha dose de cafeína extra, pedide un “café duplo”.
  • Café italiana: un café máis cortiño e concentrado, o que os italianos chaman ristretto.
  • Carioca: un café moi moi suave, feito con resto do último café que quedou na máquina.
Nalgúns sitios serven o café cun pau de canela, que se usa coma unha culler. Sabedes de máis variantes/trucos para pedir café en Portugal? Deixádeos nos comentarios!

segunda-feira, 3 de agosto de 2015

terça-feira, 26 de fevereiro de 2013

Dimite Ferrín

Este é un país moi pequeno,un país anano de xente anana e mesquiña.Xa o decía Celso Emilio.
Eu tiña escrito un pequeno artigo e desapareceu,misterios da informática.deixo aquí os de Cordal e Dobao que o explican moito mellor.


domingo, 13 de junho de 2010

Dor de moas.

Ao vello xa lle quedan poucas moas mais, estes días, ándanlle revoltas. Non é unha dor forte, é un ruxe-ruxe continuo, un balbordo soterrado pero intenso que se convirte en insoportábel. Mercou un colutorio deses que semellan un xarope para tose e, nin con esas, a incomodidade continuaba.
Canso e preso dun ataque de nervios chamou ao seu dentista para atoparse coa desagradábel sorpresa de que estaba de vacacións. Aquilo xa era a desesperanza total. Aquilo non se podía aguantar e o vello, que é vello e dánlle arroutadas, meteuse na cama e non se ergueu en dous días.
Cando canso do leito, decidiu que xa era dabondo, a dor desaparecera.
O vello non tiña unha explicación :" tan só... ao mellor... pensándoo ben...dándolle moitas voltas...pois pode ser....." Nos dous días non lera un xornal, nen escoitara unha noticia e, por suposto,de Frijolito presidente e de Jesusito de mi vida, rien de rien.

sexta-feira, 30 de abril de 2010

Unha novela.

Do mesmo xeito que na poesía dos noventa a muller colleu as rendas do seu destino, berrou, basta! e renegou do fado, na narrativa, hai tamén unha liña cuxo eixo xira arredor da muller e onde, esta, se convirte en personaxe principal,independente e dona do seu destino, do mesma maneira que na poesía, A MULLER TAMÉN QUERE NAVEGAR E SABE COMO FACELO.

Neste camiño onde Mª Xosé Queizán fixo a bouza precisa para as que virían detrás e nos farían ver o mundo desde a mirada dunha muller libre,(Teresa Moure , a liberdade de Yolanda Zúñiga...), sorprendeume, agora, unha novela que revisa directamente o mito e, derrúbao desde as súas raíces: CIRCE OU O PRACER AZUL de Begoña Caamaño.Unha obra que nos prende, desde as primeiras páxinas e, descóbrenos a traxedia que leva ao mito a ser mito.Unha pesada cadea,cando o único que quería era NAVEGAR.

domingo, 25 de abril de 2010

ovos asados

É unha modalidade nova e non sei se lle pase a receita a Ferrán Adriá. Eu cheguei a ela de casualidade, cóntovos: puxen uns ovos a cocer e ao mesmo tempo comecei a ensarillar na internet. Os meus ollos ficaron esimismados coas novas de Garzón, as paridas de Mariano e non sei cantas cousas máis do mesmo estilo.
Nestas estabamos cando escotei rebentar un obús na cociña . A miña primeira reacción foi a de tirarme ao chan pensando que viñan os da Falanxe( xa o di miña nai con estas cousas non se xoga)mais, fora unha falsa alarma : eran os ovos.Esquecidos e sin auga, algúns estouparon e os outros ,mañá xa vos contarei a que saben.
Voulle escribir a Mariano para que anote no expediente de Garzón que pola súa culpa escaralláronse os meu ovos e isto non debe ficar sen castigo.Saúdos.

VIVA O 25 DE ABRIL!!!!!

segunda-feira, 22 de março de 2010

Lisboa.

Lisboa. Paseos esvaradíos.Palabras, palabras antigas que volven a nosa memoria.Nomes que nos acompañaron e nos acompañan.Paisaxes amigas:Lisboa. Lisboa cheirando a mar, a amor. Saudade dun tempo que foi e que volverá.Lisboa.

sexta-feira, 19 de fevereiro de 2010

O vello.

Hoxe o vello ten a moral baixa, pésanlle os anos e non é capaz de sacudir do lombo as preocupacións.Prometíase unha semana feliz, logo duns días de lecer e algo se torceu no camiño.Se cadra non é nada importante mais, abonda para borrar o sorriso.
Vós diredes: está tolo, de que fala ? Tedes razón, xa sei que non digo nada. Ao mellor non teño nada que dicir.Estou triste e o demais, que importa ?

quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

Xabier Cordal

Hai tempo que moitos, dos artigos máis interesantes que puiden ler ou escoitar, proveñen da man de Xabier Cordal. O Humor a frescura e, porque non, a ausencia do politicamente correcto xunto con un compromiso con Galicia e con os galegos, son as armas que nos fan gozar da súa escritura.Parabéns Xabier!
PD:
Déixovos aquí o último e agardo que o gocedes como eu o fixen.

sábado, 30 de janeiro de 2010

Baltar.

No teño nada cos Baltares mais, alegrome da súa vitoria e, coma min, creo que hai moita xente compartindo o meu sentimento. Non só por darlle nos morros ao Frijolito e a súa camada de pijos madrileños, senón tamén porque creo na galeguidade dos Baltares.Non comporto nada do seu xeito de facer política,mais, eles son conscientes de que a súa forza, a súa xustificación está na diferenza e por iso revindican o galeguismo e, nestes tempos que corren, algo é algo.

terça-feira, 26 de janeiro de 2010

Pobriños eles!!!

Roberto Alcazar e Pedrín, o noso eximio conselleiro de cultura, estaba moi preocupado porque non estaba tanto no "candelabro" como Jesusito de mi vida e botou a lingua a pacer. Non o fixo mal, de saída xa conseguiu que os mellores escritores e intelectuais galegos( moitos deles traducidos a varias linguas,mesmo ao inghlés) pediran a súa dimisión: ÁNIMO ROBERTIÑO QUE O CONSIGUES !
Os Conselleiros teñen un bo mestre,Frijolito presidente, que anda un día si e o outro tamén a predicar pola Corte (con maiúsculas e non a das vacas que sodes uns mal pensados) as excelencias do seu mandato. Pobriño! Xa non están moi contentos con el e perde predicamento. Decía un amigo meu: hai unha cousa peor ca ser "pijo", querer selo.

sábado, 23 de janeiro de 2010

Non estamos sós.

A multitude de persoas que ateigou a praza do Obradoiro berrou, alto e claro, que nesta loita non estamos sós.Somos moitos e moitas os as/os que non estamos dispostos a renunciar ao noso idioma,ao noso sinal de identidade.Mais,non viamos á xente que estaba ao nosos carón,esqueceramos os nosos propios alicerces e tivo que vir Frijolito para facernos despertar do sono: MIRE SEÑORA,MIRE SEÑOR,NON QUEREMOS METERNOS CON NINGUÉN,NON QUEREMOS QUE NINGUÉN SE OFENDA,MAIS, SOMOSLLE GALEGAS/OS E QUEREMOS GALEGO !!!

quarta-feira, 20 de janeiro de 2010

Deserto


Non me extraña que o espazo cultural e educativo galego acabe sendo un deserto,tendo en conta os dous conselleiros encargados do asunto.Semella que Frijolito,como bó representante desa direita á que cando lle falaban de cultura tiraba de pistola, escolleu os dous máis ineptos que tiña a man.
Hei de recoñecer que o Robertito, sorprendeume. Agardaba bastante máis dunha persoa con o seu currículo e as súas amizades mais, cada vez acáelle mellor o alcume de Roberto Alcázar, pois até se parece aos personaxes deste comic.
A "Jesusito de mi vida" deixoo para outra ocasión que, hai moito de que falar.

segunda-feira, 18 de janeiro de 2010

Lerias.

Estamos apañados,canto máis necesitados estamos de claridade máis sombras nos invaden por todos os lados. Se queriamos ter unha idea clara de que facer coas Caixas de Aforrros temos catro ou cinco e sairán máis,Frijolito, Quintana,Pachi e agora saltan Beiras e Paco Rodríguez,deus nos colla confesados!
Menos mal que polo de agora fronte ao "decretazo" semella haber consenso e imos remando todos cara ao mesmo lado.Mais,non pensedes que a esperanza é moita, dádelles tempo e xurdirán teóricos e teorias.
Terra a nosa!!!!....Tres aeroportos,tres universidades,tres linguas e unha soa Caixa isto é o mesmiño que santísima trindade.No fondo, xa o sabía eu: todos católicos,apostólicos e romanos.
Ate outra.

O vello dos contos.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA