sexta-feira, 30 de abril de 2010

Unha novela.

Do mesmo xeito que na poesía dos noventa a muller colleu as rendas do seu destino, berrou, basta! e renegou do fado, na narrativa, hai tamén unha liña cuxo eixo xira arredor da muller e onde, esta, se convirte en personaxe principal,independente e dona do seu destino, do mesma maneira que na poesía, A MULLER TAMÉN QUERE NAVEGAR E SABE COMO FACELO.

Neste camiño onde Mª Xosé Queizán fixo a bouza precisa para as que virían detrás e nos farían ver o mundo desde a mirada dunha muller libre,(Teresa Moure , a liberdade de Yolanda Zúñiga...), sorprendeume, agora, unha novela que revisa directamente o mito e, derrúbao desde as súas raíces: CIRCE OU O PRACER AZUL de Begoña Caamaño.Unha obra que nos prende, desde as primeiras páxinas e, descóbrenos a traxedia que leva ao mito a ser mito.Unha pesada cadea,cando o único que quería era NAVEGAR.

domingo, 25 de abril de 2010

ovos asados

É unha modalidade nova e non sei se lle pase a receita a Ferrán Adriá. Eu cheguei a ela de casualidade, cóntovos: puxen uns ovos a cocer e ao mesmo tempo comecei a ensarillar na internet. Os meus ollos ficaron esimismados coas novas de Garzón, as paridas de Mariano e non sei cantas cousas máis do mesmo estilo.
Nestas estabamos cando escotei rebentar un obús na cociña . A miña primeira reacción foi a de tirarme ao chan pensando que viñan os da Falanxe( xa o di miña nai con estas cousas non se xoga)mais, fora unha falsa alarma : eran os ovos.Esquecidos e sin auga, algúns estouparon e os outros ,mañá xa vos contarei a que saben.
Voulle escribir a Mariano para que anote no expediente de Garzón que pola súa culpa escaralláronse os meu ovos e isto non debe ficar sen castigo.Saúdos.

VIVA O 25 DE ABRIL!!!!!

domingo, 18 de abril de 2010

Trevinca.

Unha boa fin de semana percorrendo as terras do Concello de A Veiga e os cumes de Trevinca.Un sábado adicado a busca dese sendeiro que logo andaran as/os amigos/as da Asociación de Veciños mais, tamén foi un bo momento para as conversas de sobremesa e para a descuberta de novos recantos onde perderse entre carballos. Un destes espazos é a Senda Verde do Xares, un percorrido de 34 quilómetros arredor do encoro de Prada e unha boa maneira de aproveitar os recursos naturais, esquecendo a caza e os cazadores dos que son tan amigos as autoridades municipais.
Saúde e bo camiño!!!

segunda-feira, 5 de abril de 2010

Pregunta.

Hoxe gustaría de facer unha pregunta inocente: terán algo que ver os resultados dos escolares galegos,sobre todo en linguas, con o feito de que estes estuden dúas linguas e reciban ensinanzas nas dúas?
Isto que todos os científicos afirmaban é negado, sistematicamente polo PP e os seus amigos bífidos
mais, a realidade é teimuda. Agardamos os seus argumentos.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA