terça-feira, 12 de julho de 2022

Para non esquecer : tres poemas de Olga NOvo

 o reloxo

mirando un río quizais inexistente             facía todo por nada

había un casucho cheo de ferragachos inútiles

                                                           arandelas estrañas

cousas definitivas no óxido dun cravo          alí entraba eu

como unha cirrigaita abaneando os lazos do meu pelo

abría un caixón e de repente

a maquinaria estrita dun reloxo contiña a respiración

(se lle tocabas era case capaz de se lamentar )


pero aquel home 

que quedara orfo aos once anos

poñiame sobre o peito algún mecanismo

que deixara de funcionar en 1930

e vías a súa vida 

tan clara como aquel río


dáballe corda e xa está

era o reloxo do cura.


o cura

unha noite

petaron na porta as dúas irmás do cura

andando desde Santo Adrián a Saa

traían unha pistola

sabían ben que hora era

o reloxo do cura marcaba as doce en punto.


o señor da cantina

eu non sabía

porque

o señor da cantina me daba medo

o irmán do somatén de Saa

vendíanos o azucre e o pemento

pesaban mal as súas pesas de a quilo

estaba en mal estado o malte e a fariña

                                     vaia se estaban

preguntábame sempre eres a neta do Venas, verdá?

non se sabía porque

o señor da cantina me daba tanto medo.

                                        CRÁTER: OLGA NOVO.

segunda-feira, 11 de julho de 2022

Caminho

 Não sei

sigo o caminho do rio

......................................

atrás quedam as últimas mazás.

Non ha sinais.

O mar.

O desfecho

sexta-feira, 4 de fevereiro de 2022

A Nova narrativa

 Vídeo onde se explica polo miúdo e dun xeito sinxelo as característinas da NNG e  quen foron os seus pirncipais autores.

Nova narrativa galega

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA