segunda-feira, 5 de setembro de 2011

Como queren saír da crise?

Non hai maneira por máis que todos os premios nobeis de economía afirmen o contrario os nosos gobernantes están empeñados en saír da crise a base de recortes.Entón, se nos recortan os soldos, quen vai mercar os produtos para estimular o consumo??

quarta-feira, 8 de junho de 2011

con seso e sen siso.

Hai uns días comentei  no blogue dun amigo."nin subimos nin baixamos e aquí pasou o que pasou ", nada orixinal mais é unha verdade como un mundo. Que carallo nos pasa??? Morreremos a defensiva mirándonos o embigo cheo de merda: HAI QUE OPERALO!!!!

quarta-feira, 13 de abril de 2011

Reserva

Eu creo que a mellor solución que pode aportar o  "noso amamantisimo presidente" á cuestión do galego é : a creación dunha reserva onde se poidan internar todas e todos estes desagradecidos que non son capaces de entender o que este goberno fai por eles.

segunda-feira, 21 de fevereiro de 2011

Pan Negre

Hai tempo que non escribo nada nesta bitácora da miña vida mais, onte fun ver unha película que me impresionou: Pan Negre. Había tempo que non gozaba tanto un filme: Unha historia que chega ao fondo e uns actores e actrices, pouco coñecidas, que dan toda unha lección de interpretación e credibilidade.Para min tan só un pero : A imposibilidade de vela en versión orixinal, aínda que non é ningunha novidade, dado que vivimos nunha cidade badoca e de badocos e os pobriños son incapaces de entender cousa que non sexa en castelhano. Meus anxiños!!!!!

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA