sábado, 29 de dezembro de 2012

Enlaces sendeirismo

Hai que facer camiños polo mundo e polo país se ficamos parados morreremos: Que bonitos Os Ancares!! Non esquezamos o Bierzo e non será mellor percorrer a Galiza toda e deixamos para outra ocasión  falar dos trilhos do nosso país amigo.

segunda-feira, 13 de agosto de 2012

Reflexións de ferias.
Estar de férias e a mellor oportunidade de achegarse ao mundo.O traballo non dignifica a ninguén,embrutece.Hai que cuantificar o ocio e repartir o traballo que hoxe en día é un ben escaso. Se antes loitaron polas oito horas,agora imos polas catro.
Saúde.!!

segunda-feira, 16 de julho de 2012

hHai que botalos!!

Só nos queda unha esperanza para soportar minimamente esta situación, a loita.Loita continua e sen descanso,arrimando cara nós a forza dos descontentos.Hai que botalos!!!

quinta-feira, 14 de junho de 2012

Palabras

Unha das palabras máis empregadas neste blogue debe ser,incerteza.Tempos de incerteza,vida incerta,incerto futuro,as incertezas do mañá......A desesperación que nos invade.Medorentos , envoltos nas ameazas das "primas",dos ERES e dos despidos que sempre están aí agardando por nós.Recordatorios continuos para non esquecermos quen manda .
Mais,agardan por min as obras de Cordal e de Begoña Caamaño e nelas ha de haber palabras de futuro azul, aberto,cheirando a mar.Atlántico e fero.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA