Uma leitura crítica desta obra de Mia Couto:
https://relacoesexteriores.com.br/ultimo-voo-do-flamingo-mia-couto-resenha/
Uma leitura crítica desta obra de Mia Couto:
https://relacoesexteriores.com.br/ultimo-voo-do-flamingo-mia-couto-resenha/
Eu não tenho filosofia: tenho sentidos...
Se falo na Natureza não é porque saiba o que ela é.En Compostela pode un home
escoller óboe e docísimo cor ao contrapaso,
decaer nos tremendoiros
(VIBRA, CORAZON GASTADO!)
tenra especie de prantas espirais
e añuca ou seixo de xogar antre os dedos.
Pode pedra luída
alzarte sobre sí coma un guerreiro
é proclamado rei de oucas e carballeiras vellas.
En Compostela pode un vento duro
estremecer o corazon da Europa campesina
que todos temos dentro sen decilo.
En Compostela soan polonesas,
nacionalmente, en moitos plenilunios
cabo de trasparentes ollos, mortos,
e un barroco de bronce ergue paxaros de duro marmore
e oubear oubean os couselos
nas murallas de San Martiño Pinario.
En Compostela, enfín,
compañias de mortos compañeiros
comen caldo insumiso na lembranza ilustrada
(VOTO POR VÓS: ROSALIA, PONDAL, FARALDO)
das cabezas alzadas.
En Compostela está o que perdemos
e vai nacendo noutros e esto é o grande milagre.
(UNHA LAPA LENE, UNHA CANDELEXA!)
da conciencia desta patria
conservada en pequenos corazóns
ardentes con fogo doceque non morre.
En Compostela soterraron a semente
chamada Xohan Xesus Gonzalez. porta
dun futuro suntuoso e proletario
que avanza cara a nós con alboroto
e vénme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo.
En Compostela estamos
moitos xa para sempre derrotados.
Méndez Ferrín, X. L., (1976), Con pólvora e magnolias.
Parou a terra
(a noticia apareceu no xornal)
parou a terra
Cansou o anda en folga?
Pregunta
(pouco informado)
o leitor do café con leite
O taverneiro
( limpamdo outra vez o vaso )
- Estará esgotada
Paréceche pouco o que leva aguantado ?
"as flores do campo da minha infância
não as terei eternamente..." F.Pessoa.
Sentado na areia, húmida
das miñas lágrimas
escoito
no monotono rumor das ondas
o paso sen pausa do tempo.
________________________________________________________________
Manuel María non sae concelleiro en Monforte.
Ao mencer as anduriñas
arrolando-se
no berce do vento
anúncian un novo día
8 de maio
A noitiña
cando os grilos
chaman a xente á cama
a voz do povo
fica calada.
8 de maio
________________________________________________________________-
España,
bandeira oca martelo de herexes deturpando esperanzas vermellas nadas nas lenturas dos agros a cavalo de sereias libertadas.
Para Xosé Mato.
Mulher
espesso siléncio na lonxania
sombra alongada
que nos abrange
cada poro
cada palavra.
____________________________________________________________
ES
Nos lábios mornos do vento
palavras esvaídas.
Breves instantes
renascendo a calquer hora
en calquer sítio.
________________________________________________________________
Tremen as mans
a escrever na auséncia
lonxe o pulso
dos teus lábios.
Breve aproximación aos principais conceptos da lírica.
APLICACIÓN DE FERRAMENTAS DIXITAIS NO COMENTARIO LITERARIO DE TEXTOS LÍRICOS
| |
|
|
Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA