sexta-feira, 25 de junho de 2010

Rumores.

Chegáronme rumores de que andan buscando ao "negro" que lle escribe os libros de sociolingüística a Anxo Lourenzo. Parece ser que o queren nomear membro da RAG.

Un bico deste vello ao que xa lle cheiran as vacacións.

domingo, 13 de junho de 2010

Dor de moas.

Ao vello xa lle quedan poucas moas mais, estes días, ándanlle revoltas. Non é unha dor forte, é un ruxe-ruxe continuo, un balbordo soterrado pero intenso que se convirte en insoportábel. Mercou un colutorio deses que semellan un xarope para tose e, nin con esas, a incomodidade continuaba.
Canso e preso dun ataque de nervios chamou ao seu dentista para atoparse coa desagradábel sorpresa de que estaba de vacacións. Aquilo xa era a desesperanza total. Aquilo non se podía aguantar e o vello, que é vello e dánlle arroutadas, meteuse na cama e non se ergueu en dous días.
Cando canso do leito, decidiu que xa era dabondo, a dor desaparecera.
O vello non tiña unha explicación :" tan só... ao mellor... pensándoo ben...dándolle moitas voltas...pois pode ser....." Nos dous días non lera un xornal, nen escoitara unha noticia e, por suposto,de Frijolito presidente e de Jesusito de mi vida, rien de rien.

terça-feira, 8 de junho de 2010

Nestes días revoltos.

Nestes días revoltos e de grandes incertezas ao vello xórdenlle preguntas, reflexións que non pode compartir con ninguén sen pagar o prezo do abandono e da condena ao desterro.Tan só esta pequena bitácora soporta os seus desafogos e hoxe, abusando da súa paciencia, déixalle aquí a última, que non a derradeira:
" Miñas donas e meus señores : pensa o BNG seguir moito tempo agochando a loita polo poder e polas fabas de fin mes e envolvendo as navallas nunha falsa ideoloxía revolucionaria ? Ulo os renovadores ? Onde están os líderes ?Alguén ten un plan de futuro ???????????"

terça-feira, 1 de junho de 2010

A preguiza do vello

O vello leva moitas días sen escribir nada. O vello está canso, é vello. Meus queridos amigos e miñas queridas amigas xa sei que andades a criticarme por non saber nada de min mais, cando cheguedes aos meus anos, tamén desapareceredes presas do reuma nos días húmidos.Tampouco seredes capaces de facer dúas tarefas á vez.Desculpádeme e respectade as miñas canas.
Un saúdo do vello.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA