sexta-feira, 11 de janeiro de 2019

AS CANTIGAS DE AMOR.

AS CANTIGAS DE AMOR
Segundo o profesor Pena as cantigas de amor é unha composición onde un home que se dirixe a unha dama mostrando o seu amor por ela.

ORIXES:

1- A influenza da cultura provenzal.Do sur de Franza chéganos a concepción do amor cortes onde a relación feudal do vasalaxe se traslada ás relacións amorosas. é este un amor de imposíbel ressolución, sobre todo na literatura galega, marcado pola dor ou coita de amor  e cuxo ponto máis alto chega a ser a morte por amor. Na relación amorosa había distintos graos de vasalaxe e poder chegar ao último precisaba dunha longa aprendizaxe:
 FENHEDOR- aspirante que se consumía en suspiros pola dama.
PRECADOR- O suplicante solicitaba os amores da dama.
ENTENDEDOR- namorado.
DRUDO- Amante. A literatura galego-portuguesa nunca chega a este punto. a nosa é unha poesía virxinal que non podía ir máis alá de entendedor que moitas veces ommría de amor pola dama, sen ser correspondido.

2- A devoción mariana. O camiño do amor, a relación coa dama semella un camiño de perfección que semella a adoración pola virxe.O amor pasa a ser un culto e a muller un obxecto de adoración.

3- Do neo-platonismo recolle a concepción do amor como unha ascese, un camiño de elevación moral que debe levar ao namorado a ser merecente dos favores da dama idealizada a través dunha dura aprendizaxe.



TEMAS:
A cantiga de amor galego-portuguesa desenvolve cinco temas fundamentais:

a) O eloxio da dama, que se nos presenta dotada de todas as virtudes e calidades no seu grao máximo:fremosa senhor,a melhor de quantas eno mundo son,ben talhada,debon-fremoso pareceretc. Esta dama non se presenta como unha muller real, senón que se trata dunha conceptualización da muller idealizada. O trobador loa o seu sen(sentido común), a súa mesura, o seu prez (valor), sen chegar nunca a exemplificalo. Como moito, algún poeta chega a concretar estas calidades no falar mui ben e riir melhor (D. Dinís) ou alude aos ollos verdes da dama (Johán García de Guilhade), mais son casos excepcionais. O eloxio prodúcese nos primeiros versos e pode reiterarse de forma paralelística ao longo da composición.

b)A declaración do amor do poeta, que se nos transmite tamén en fórmulas estereotipadas: a quen amo mais que outra ren,tan muito vus am’eu,dona que quero ben...

c)A reserva da dama, actitude que define en xeral as relacións co poeta. Raramente a
senhor demostra aceptar o galanteo amoroso, mais sempre desde un distanciamento que o trobador non consegue superar.

d)Estamos ante un amor non correspondido xa que a senhor é inaccesíbel para o poeta. Agás algunhas excepcións, trátase dunha relación imposíbel.

e)A coita de amor, provocada por esta imposibilidade de realización amorosa, pode conducir o trobador á loucura (volverse sandeu) ou á morte. O morrer de amor é o tópico predilecto dos nosos trobadores, como demostración suprema da entrega á dama.

A FORMA NAS CANTIGAS DE AMOR.

 As cantigas medievais estaban formadas por un número variábel de “cobras” ou estrofas,
frecuentemente tres ou catro.O número de versos por estrofa oscilaba entre dous e oito. Nas cantigas de amigo e nas de amor con refrán, o normal era que o número de versos non superase os cinco.
Atendendo ás rimas, as cobras podían ser de catro tipos:
Unisonantes: As que mantiñan os mesmos xogos de rimas en toda a composición.
Singulares: Cada cobra tiña un xogo de rimas diferente.
Dobras: O xogo de rimas mudaba para cada par de estrofas.

  Alternas: As estrofas pares tiñan un xogo de rimas e as impares  outro.

O verso que carecía de rima na súa estrofa denominábase palabra perduda e debía repetirse a mesma rima no mesmo verso de todas as estrofas da composición.
O paralelismo maniféstase na cantiga de amor dunha maneira máis difusa que na de amigo e baséase en repeticións léxicas e conceptuais. Ademais das cobras capfinidas ou capdenais, que implican a repetición dunha palabra en varias estrofas, o dobre e o mozdobre son dous recursos abondosamente utilizados neste tipo de cantigas. O dobre consiste na repetición dunha palabra en dous lugares simétricos dunha estrofa:
Pero non devía a perder
ome, que ja o sen non ha,
de con sandece ren dizer;
e con sandece digu’eu ja:
os olhos verdes que eu vi
me fazen ora andar assí.
Johán García de Guilhade


Se a palabra vai ao final do verso, recibe o nome de mot-refranou palabra-rima. O mozdobre, pola súa parte, consiste na repetición dun lexema con variación das terminacións (habitualmente, formais verbais). Cando ocupa a posición de rima recibe o nome de rima-derivada:


Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess’algún mal buscar
a quen me sempre mal buscou!
Assí me vingaría eu,
se eu podesse coita dar,
a quen me sempre coita deu.
Pero da Ponte


Desde o punto de vista estilístico, a cantiga de amor acomódase ao que as retóricas provenzais denominan trobar leu (trobar simple) fronte ao trobar ric (artificioso) ou trobar clus (hermético) tan querido polos trobadores de lingua de oc. Non é habitual o uso de tropos –como moito algún símil, personificacións ou pálidas metáforas– e en lugar da emotividade e inmediatez que debería acompañar o sufrimento amoroso, o trobador elabora arduos  xogos conceptuais de sintaxe complexa. Os textos mostran certa pobreza léxica, ao se repetiren como clichés palabras e sintagmas, a miúdo abstractos.


A poética medieval chamáballe fiinda a un grupo de versos, en número menor á estrofa, que se situaba no remate da cantiga para completar ou reafirmar o sentido da
composición. Se a cantiga era de refrán, a fiinda repetía as súas rimas; se era de meestría, repetía as últimas rimas da estrofa que a precedía. O atá-fiinda é un recurso compositivo de concatenación de estrofas e destas coa fiinda final baseado no encabalgamento versal ou estrófico: o significado dun verso completábase no seguinte, o dunha estrofa na estrofa seguinte e o da última estrofa na fiinda. Vexamos un exemplo desta complexa técnica construtiva:

Quantos og’andam eno mar aquí

coidan que coita no mundo non á
senón do mar, nen an outro mal ia.
Mais doutra guisa acontece oie a mi:
coita d’amor me faz escaecer
a muy gran coita do mar, e te e ˜ r
pola mayor coita de quantas son
coita d’amor a quen a Deus quer dar.
E é gran coita de mort’a do mar,
mais non é tal, e por esta razón
coita d’amor me faz escaecer
a muy gran coita de mar, e te e ˜ r
pola maior coita, per boa fe,
de quantas foron, nen son, nen serán.
E estes outros que amor non an
dizen que no, mais eu direi qual é:
coita d’amor me faz escaecer
a muy gran coita d’amor, e te e ˜ r
por mayor coita a que faz perder
coita do mar, que muitos faz morrer.

Pai Gómez Charinho

Nenhum comentário:

Postar um comentário

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA