3.- COMENTARIO LITERARIO. Pode seguir a estrutura das cuestións ou facer un comentario globalizado (7 puntos)
Nunha lúgubre noite de novembro vin coroados os meus esforzos. Cunha ansiedade que case raiaba na agonía, reunín arredor de min os instrumentos necesarios para lle poder insuflar unha chispa de vida ao ser inerte que xacía a pé de min. Xa era a unha da madrugada, a choiva batía triste nos vidros e a vela estaba case ensumida, cando, baixo o tremer da luz da medio extinguida chama, vin como a criatura abría un ollo amarelo pálido, respiraba con forza e un movemento compulsivo se apoderaba dos seus beizos.
¿Como podo describi-las miñas emocións ante esta catástrofe ou bosquexa-lo desgraciado a quen con tan infinitos traballos e coidados me esforzara en formar? Tiña os membros proporcionados e eu seleccionara as súas faccións para que fosen fermosas. ¡Fermosas! ¡Meu Deus! A súa pel amarela a penas cubría a obra de músculos e veas que quedaba por baixo; o cabelo era dun negro lustroso e largo; os dentes dunha brancura de pérolas; pero estas exuberancias non facían senón contrastar dun xeito máis horrible cos seus ollos acuosos que semellaban case da mesma color branca pardenta das órbitas en que estaban implantados, coa súa tez engurrada e cos beizos negruzcos e rectos.
Os diferentes accidentes da vida non son tan mudables como os sentimentos da natureza humana. Traballara duro durante case dous anos co único propósito de lle infundir vida a un corpo inanimado. Por causa disto, privárame de repouso e saúde. Arelárao cunha vehemencia que excedía en moito á moderación; pero agora que rematara, esvaecérase a beleza do soño e un horror e repugnancia indicibles invadíronme o corazón.
Frankenstein ou o moderno Prometeo, Mary Shelley
Tradución de Fernando R. Tato Plaza
3.1.- Mary Shelley e a súa época (1 punto).
3.2.- Faga unha breve exposición sobre a autora e a súa produción literaria,atendendo á obra seleccionada (1 punto).
3.3.- Expoña o tema do fragmento e relacióneo co resto da obra. Fíxese no sentido da obra, no tratamento dos personaxes... (2,5 puntos).
3.4.- Analice as características formais do fragmento e obra (1,5 puntos).
3.5.- Faga unha valoración persoal e crítica sobre a obra. Interese e vixencia, ou non, do relato, pensando por exemplo nos avances da enxeñaría xenética (1 punto).
Assinar:
Postar comentários (Atom)
PUTA
Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA
-
A CANTIGA DE AMIGO 1.A cantiga de amigo é un xénero poético de orixe autóctona, cuxas raíces máis antigas non nos é posíbel determin...
-
Es Inverno. Inverno. Nena de pel branquísima e fazulas coloreadas polo sol alto de verán. Es Inverno, cativa de xílgaros nas mans e notas ...
Nenhum comentário:
Postar um comentário