terça-feira, 26 de abril de 2016

EXERCICIOS DE PERÍFRASES

EXERCICIOS VERBOS

1. Indica cales son as dúas formas posíbeis de participio correspondentes aos seguintes infinitivos e forma un enunciado en que uses cada un deles.
escoller erguer nacer murchar escorrer tinxir.

2. Conxuga o infinitivo nas seguintes oracións, atendendo á persoa indicada.
• Por non chamar (ti) chegamos tarde.
• De chegar (nós) a tempo, mandarémosvos aviso.
• Sen facer (ela) o que debe nunca terá bos resultados.
• Sempre foi difícil organizar (eles) ese campionato.
• Non as obrigues a facer (elas) o que non queren.
• De aprobar (eles) este último exame, terán o curso superado.
• Con deixar (ti) aviso en conserxería xa che amañarán o problema.
• Por deixar (vós) o ordenador aceso toda a noite do luns, perdestes toda a información.

Redacta as oracións doutro xeito, substituíndo o verbo destacado en cursiva por un infinitivo flexionado e facendo as oportunas transformacións, como no exemplo:
Terás bos resultados porque fas ben o traballo: Terás bos resultados por faceres ben o traballo.
• Cómpre que andemos con tino.
• Mandeivos unha invitación para que veñades á festa.
• Se imos un por cada lado será máis doado de atopar.
• Cando marchastes da sala, comezou a actuación.
• Xa é tarde de máis para que vaiades á praia.
• Só nos faltan catro días para que collamos as vacacións.
• Antes de que cantedes os maios haberá que facer as coplas.
• Non nos presentamos ao concurso porque non o soubemos a tempo

Localiza e clasifica as perífrases verbais:
• Nalgún momento todos temos que facer algo que nos custa dar rematado.
• Despois de tres intentos, acabou por sacar o carné.
• Moito levo estudado para este exame e aínda vou seguir ata a noite.
• O tren ha de saír ás sete, así que debes recollerme unha hora antes.
• Non sei que lle pasou, pero botouse a correr e non parou ata chegar á casa.
• Non deben de entenderse moi ben, pois levan berrando toda a tarde.
• Onte houben caer na beirarrúa, pero afortunadamente axudoume Ricardo que estaba a limpar os cristais.
• Vese moi débil a Saínza, pois vén de pasar unha semana enferma.
• Por fin dei rematado este libro!
• Parece que quere saí o sol, así que vai poñendo a roupa no balcón.




Nas seguintes oracións distingue os complexos verbais das perífrases xustificando a túa resposta. No caso de seren perífrases substitúeas por outras de significado semellante.
• Aínda tes que contarnos o que quixeches facer onte.
• “Nisto veuse vindo a noite / i arrematada a faena, / Martiño, sempre con pena, /foise indo cara ó lugar”(Curros Enríquez).
• Diego non puido seguir o camiño de noite porque levaba rotos os faros do coche.
• Raúl sempre puido facer todo canto quixo, pero agora non ha poder.
• Quería convidarte a vir comigo ao cine.
• Xa sei que levas estudando toda a tarde, así que saír un pouco hache facer ben.
• Xa levo visto tantas veces esa representación que as actrices chegaron a ser como da miña familia.
• Se consegues abrir a lata, lévalla a Paco, que el debe saber como preparalo.
• Oínvos cantar mentres estaba varrendo a cociña.

Completa os enunciados usando unha perífrase do tipo indicado que teña como verbo auxiliado unha forma do infinitivo indicado entre parénteses, como no exemplo:
• ......................... (LER, Modal de obriga) máis e así .......................... (ENTENDER, Futuridade xeral) mellor:
Tes que ler máis e así vas entender mellor.
• Cecilia xa .......................... (SEMENTAR, Aspectual reiterativa) neste campo, pero agora, coa xeada,
.......................... (BUSCAR, Aspectual imperfectiva) unha zona mellor.
• Custoulles o seu, pero finalmente .............................. (REMATAR, Aspectual imperfectiva) o traballo pola mañá.
• Xa sei que ti .......................... (FACER, Modal hipótese) todo ben se queres.
• O pasado luns Santiago .......................... (TRABALLAR, Aspectual perfectiva), pero nun mes.......................... (COMEZAR, Futuridade xeral) de novo.
• .......................... (CHEGAR, Futuridade inmediata) o outono. Non sentes que xa .......................... (IR,Aspectual incoativa) fresco?
• A mestra .......................... (LEVANTAR, Aspectual terminativa) o castigo ao seu alumnado.
• Diego .......................... (XOGAR, Aspectual imperfectiva) toda a tarde e .......................... (REMATAR,Modal hipótética) canso.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA