GAME
OVER
Si.
Esa
foi a túa curva derradeira.
Tranquilo.
Non te asustes.
Xa
non tes nada que temer.
Non
fagas por moverte.Non podes.
Punto
final.
Game
over.
Mira.
Aquel
é o teu corpo deitado na cuneta.
A
escena tivo sangue.
Tivo
berros.
Tivo
néboa.
Tamén
dor.
Mírate
un chisco máis tarde.
Ambulancia.
Urxencias.
Asfixia.
Unha
mesa de quirófano.
Un
anaco inerte de carne.
Non,
xa non che é posible falar.
Non
tes boca.Nin aire nos pulmóns.
Neste
lugar o oxíxeno é un luxo innecesario.
Neste
lugar xa non precisas nada en absoluto.
Nin
moito menos a ninguén.
Mira.
Teu
pai a petar co puño nos azulexos brancos.
Inútil.
Túa
nai cos ollos desenfocados pola sombra.
Inútil.
(...)
Mira
un momento o que deixas atrás.
Aquilo
que nunca volve ao seu sitio.
Aquilo
que se esvae e non deixa rastro.
Imaxes
que podrecen como mazás con bicho.
Imaxes
esmagadas como mosquitos contra o parabrisas.
Xa
non.
Xa
non bicos con lingua.
Nin
mensaxes non mobil.
Nin
partidos de fubito.
Nin
cubatas cos colegas.
Nin
derrapaxes pola grava.
Nin
xogos na consola.
Nin
tecno nos oídos.
Nin
noites de sábado.
Nin
outra madrugada.
Só
unha néboa mesta é eterna.
(...)
Podes
ver unha representación completa deste poema en:
http://trafegandoronseis.blogspot.com.es/2015/06/game-over.html
1-Explícanos
o significado deste poema,ten en conta que o protagonista de
Makinaria é un adolescente enamorado dos coches, da música tecno e
das festas.Quen fala? A quen se dirixe?Por que se titula Game Over?
2-Fíxate
agora na forma:
-Os
versos teñen a mesma medida ?
-Presentan
rima?
-Busca
algúns dos recursos poéticos que temos
visto,paralelismos,anáforas,comparacións...
3-Que
significa o verso:”Só unha néboa mesta e eterna”.
4-Cal
é a actitude dos pais do protagonista? Por que é inútil?
5-Busca
información e fainos un resumo da vida e da obra de Carlos Negro.
Nenhum comentário:
Postar um comentário