Vídeo onde se explica polo miúdo e dun xeito sinxelo as característinas da NNG e quen foron os seus pirncipais autores.
sexta-feira, 4 de fevereiro de 2022
segunda-feira, 27 de dezembro de 2021
domingo, 3 de outubro de 2021
domingo, 22 de novembro de 2020
terça-feira, 20 de outubro de 2020
OGRUPO NÓS ( 4º ESO)
O GRUPO NÓS
Por GRUPO NÓS enténdese normalmente o grupo fundador da revista Nós en 1920: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Antón Losada Diéguez e Alfonso Castelao. A este grupo ourensán-pontevedrés pode engadirse un grupo coruñés no que estarían Villar Ponte e Xohán Vicente Viqueira. Funcionan como un grupo coherente que comparte uns ideais políticos e culturais e non dubidan en poñer en marcha, ou participar activamente, en diversos proxectos para levalos a cabo. Aínda que esta inicial unidade de acción acabará rachando, pois non todos se integran no nacionalismo político, si podemos afirmar que consiguen dotar ao nacionalismo dun entramado organizativo cultural e que, malia a ruptura, tamén conseguen articular un proxecto político, que culminará na fundación do Partido Galeguista (1931) e a aprobación do Estatuto de Autonomía.
Desde o punto de vista literario o seu papel é fundamental: son os creadores da prosa moderna en galego, tanto narrativa como ensaística. Son capaces de crear cada un deles un estilo persoal inconfundible e cunha vontade clara de contemporaneidade, deixando atrás as formas decimonónicas. Asemade, desde a súa rigorosa formación intelectual, poñen en contacto a literatura galega coas diferentes culturas europeas, os movementos artísticos e abren debates moi interesantes acerca do que debe ser unha “arte nacional galega”, que resultan moi estimulantes para a nova xeración de escritores. Centrarémonos en repasar as principais contribucións desta xeración na prosa narrativa e no teatro dun xeito sintético.
Prosa narrativa:
Vicente Risco: autor dunha prosa nerviosa, aparentemente casual, acumulativa. Baséase na esaxeración e a ironía para conseguir un efecto humorístico nas súas acedas críticas da sociedade burguesa e mercantil que predominaba nas vilas e cidades galegas da súa época. Outra liña temática importante nos relatos é o recreación de mitos tradicionais galegos.
Relatos breves: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919)
O lobo da xente(1925)
Novela: O porco de pé (1928)
Ramón Otero Pedrayo: autor dunha gran obra narrativa tanto en forma de relatos como de novelas longas. Os temas fundamentais que trata son, por unha parte, a explicación da evolución histórica de Galicia, desde os momentos de esplendor aos de decadencia, e, por outra parte, a exploración do proceso psicolóxico de descubrir Galicia e chegar a un compromiso profundo coa súa terra que fai cambiar o sentido da vida dos protagonistas. El mesmo e os seus compañeiros de xeración experimentaron esta “conversión” aos ideais do nacionalismo. A súa maneira de escribir prosa poderiamos comparala á dun gran río que avanza lentamente recollendo a cada paso diferentes regatos de diferente importancia que se van engadindo ao seu abundante caudal. Oracións longas que se ramifican en ramas subordinadas, ricas en adxectivación e recursos que xogan cos nosos sentidos.
Os camiños da vida, triloxía de 1928
Arredor de si (1930)
Castelao: a obra narrativa de Castelao é un exemplo de contención e aparente sinxeleza. Unha lingua elegante sen perder a súa raíz popular nos diálogos vivos, nas frases feitas, na lingua marcada dialectalmente nalgunhas secuencias. Explora con éxito os xéneros narrativos máis breves, moitas veces combinados con debuxos seus, chegando ás veces a construír pequenas obras de arte de intensa beleza. En Castelao temos unha narrativa que busca conmover ao lector cos agudos problemas sociais da Galicia da súa época.
Un ollo de vidro, memorias dun esquelete (1922)
Cousas (1926)
Retrincos (1934)
Os dous de sempre (1934), a súa única novela.
–Teatro: Conciben o teatro como un espectáculo artístico, non só como un diálogo literario. Trátase dunha concepción que busca retomar a tradición do “teatro da arte” onde se aproveitan recursos plásticos de luz, cor, máscaras, música e personaxes arquetípicos.
Vicente Risco
O bufón d´El rei (1928)
Otero Pedrayo
A lagarada (1929)
Teatro de máscaras (1934)
Castelao
Os vellos non deben de namorarse, aínda que foi escrita nos anos 30, non foi publicada e representada ata 1941 en Buenos Aires.
En definitiva, a partir da Xeración Nós quedou perfectamente claro que o galego non só era unha lingua apta para a poesía ou para tratar temas costumistas relacionados coa Galicia rural, senón unha lingua adaptable a calquera tipo de tema e no rexistro adecuado tanto no uso escrito (correspondencia persoal, artigos de xornais, ensaios sobre temas académicos, novelas e relatos...) como oral (conferencias e discursos...) e isto foi posible grazas a unha planificación completa do seu traballo cultural e ao seu esforzo por dignificar e darlle presenza na vida pública ao galego.
quarta-feira, 10 de junho de 2020
Os mundos de X.L.Méndez Ferrín, un documental en aberto dirixido por Manuel Forcadela...
domingo, 10 de fevereiro de 2019
As cantigas de StªMaría
AS CANTIGAS DE SANTA MARÍA
No seguinte link: http://cantigas.webcindario.com/index.htm atoparás unha selección de cantigas coas miniaturas e as músicas orixinais, ademais de información acerca do labor cultural do rei Afonso X
quinta-feira, 17 de janeiro de 2019
AS CANTIGAS DE BURLAS
A sátira directa ten un bo exemplo nesta cantiga obscena de Fernando esquío
sexta-feira, 11 de janeiro de 2019
AS CANTIGAS DE AMOR.
segunda-feira, 7 de janeiro de 2019
LÍRICA PROFANA: AS CANTIGAS DE AMIGO
![]() |
| AS CANTIGAS DE AMIGO |
Este xénero caracterízase pola súa homoxeneidade. A cantiga de amigo presenta sempre un preámbulo narrativo nos seus primeiros versos no que a amiga fai referencia ao amigo para nos indicar os seus sentimentos, ou tamén pode facer referencia a outro tipo de interlocutores como logo veremos. O resto dos versos da composición veñen completar con variacións a idea transmitida nestes primeiros versos. Nas cantigas de amor nunca se produce o diálogo entre os namorados, sabemos do amigo sempre a través das palabras da senhor en soidade ou con outros interlocutores.
![]() |
| Os trobadores da ría de Vigo |
domingo, 6 de janeiro de 2019
A LITERATURA MEDIEVAL: CUESTIÓNS XERAIS.
- INTRODUCIÓN: AS ORIXES. En toda a Idade Media a Igrexa tiña o monopolio da cultura. Nos mosteiros era onde se facían as copias e se reproducían os manuais greco-latinos e todo isto facíase en Latín. Unha sociedade feudal en continúos enfrontamentos non se andaba con requintes.A literatura era oral e nela predominaban os Cantares Épicos ou Cantares de Xesta que narraban as fazañas de herois mitolóxicos ou dos grandes caudillos medievais que eran exemplo polo seu valor e honestidade: A Chanson de Roland ou Poema do Mio Cid. Estes foron plasmados por ecrito a finais do século XI e principios do XII.
3. ENTRADA EN GALIZA.Esta poesía chega ao reino de Galiza que neste época desempeñaba un papel fundamental dentro dos distintos reinos mesievais. Os nobres galegos da casa de Traba ou de Castro eran mentores dos reis e moitas veces tiñan tanto poder coma elñes. Alén diso, Santiago era (con Rioma ) o centro da cristiandade e o seu arzobispo Diego Xelmirez presidiu unha época de esplendor e poderío económico desta diocese.As pprincipais vías de penetración:
- O camiño de Santigo
- Os monxes de Cluny
- Contactos nobiliare.
PUTA
Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA
-
Es Inverno. Inverno. Nena de pel branquísima e fazulas coloreadas polo sol alto de verán. Es Inverno, cativa de xílgaros nas mans e notas ...
-
A CANTIGA DE AMIGO 1.A cantiga de amigo é un xénero poético de orixe autóctona, cuxas raíces máis antigas non nos é posíbel determin...












