segunda-feira, 22 de março de 2010

Lisboa.

Lisboa. Paseos esvaradíos.Palabras, palabras antigas que volven a nosa memoria.Nomes que nos acompañaron e nos acompañan.Paisaxes amigas:Lisboa. Lisboa cheirando a mar, a amor. Saudade dun tempo que foi e que volverá.Lisboa.

sábado, 13 de março de 2010

Desvaríos.

Mireina ao lonxe. Era a mesma de sempre: unha sombra fuxidía,escapando, escapando sempre.De que ? Nunca o souben. Se cadra dun pasado que a abafaba,recordos desa guerra que ela xamais esqueceu.Dunha familia opresiva,un pai ríxido e bruto....Unha nai sometida e que a empuxou a unha loita, agora abandonada. Fuxía,fuxía e fuxía.Eu, nunca puiden apreixar o sorriso dos seus ollos.
Talvez nunca sorriu e todo o que digo son imaxinacións miñas,lembranzas dun vello decrépito:soños nunca soñados.Pode ser que non a vira e tan só sexa o reflexo dunha ilusión. DESVARÍOS.
Desvaríos para non falar de "Frijolito", nin de "Jesusito ", nin do meu "Anxiño",nin,nin,...
Non, non quero falar deles,quero que desaparezan, que se esfumen das nosas vidas, que nos devolvan o futuro, a esperanza. Soñei con ela, coa ilusión dun mañá e, íase,íase.Iase con cada palabra saída dos seus beizos, dos beizos dun poder que nos traicionou.
Desvaríos,desvaríos das loitas abandonadas que volven outra vez, dos soños esquecidos.DESVARÍOS DE.....DESVARÍOS.

quinta-feira, 11 de março de 2010

Para esta viaxe....

Ven na prensa de hoxe algún adianto do novo decreto do galego. Novo ??.Xa se verá mais, para esta viaxe non facían falta tantas alforxas.Xa falaremos.

segunda-feira, 8 de março de 2010

Ímonos de mani.

Semana de conmemoracións e reivindicacións, aínda que, agora, semella ser moito máis das primeiras que das segundas. O DÍA DA MULLER TRABALLADORA e o DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA non deixan de ser unha especie de rito, uns días bos para sairmos á rúa porque os medios están máis dispostos a facernos caso.
Penso que precisamos un novo enfoque, un novo pulo, non pode ser que vexamos sempre as mesmas caras nos mesmos sitios. Hai que mudar porque tamén muda a cara dos problemas mais, todo sigue igual: explotadores e explotad@s sempre son @s mesm@s.

No desván.

No desván do psiquiatra é onde tiña que estar toda esta panda de descerebrados.Mira que hai que ser paletos para traducir os topónimos ao castelán e logo, serán dos que pronuncian Nova York en inglés. Paletos,paletos e paletos quedáballes moito mellor decir,"desván de los frades y Buey" soaba moito mellor.PALETOS!!!!!

terça-feira, 2 de março de 2010

Notas.

1ª.A quen lle pediu permiso Frijolito presidente para ofertarlle Galiza ao Papa de Roma?Eu non vin que dixera nada diso na súa campaña.

2ª.Por certo, vaia cara que teñen tanto o señor de Roma como o bispo ese que acompañaba a Frijolito, non dixeron nada da súa da súa vida sentimental, que eu saiba non están casados e non escoitei a Igrexa decir nada e se, o señor Frijolito, é tan relixioso, qu fai vivindo en pecado?

3ª.Non ten sorte Frijolito, tivo un aniversario ben soso. Tampouco merecía outra cousa, en todo o ano, o único que tentou facer foi foder ao galego que xa ben fodido está.

terça-feira, 23 de fevereiro de 2010

"Orgullosos do noso /orgullosos dos galego."

Parabéns á Coordinadora dos equipos de normalización lingüística pola súa campaña "ORGULLOSOS DO NOSO/ ORGULLOSOS DOS GALEGO". Unha campaña en positivo botando man desas iconas xuvenís que poden lograr o que non fan os grandes "popes da lingua" e os discursos máis "sesudos": ACHEGAR OS XOVES CARA Á LINGUA.
Mais, sempre hai algunha ovella negra que non está dacordo.Algúns dos comentarios que lin andaban a percura do RH dos participantes, semella que para defender a lingua non vale calquera,apañados estamos se agardamos algo destes abandeirados.

domingo, 21 de fevereiro de 2010

Cinismo.

Non sei como a xente pode tragar.Escoitar a Aznar ou a calquera outro personaxe da dereita dar leccións de moral faime revolver as tripas. Como se pode ser tan cínicos?
Mais, isto é o de menos, eles defenen o seu e aos seus, pero eu xa non estou disposto a comprender a esa recua de esquerdistas de salón, defensora da ortodoxia máis rancia e que foron os que se quedaron na casa o 1º de marzo na Galiza,abríndolle as portas a Frijolito presidente. De que se queixan agora ? Non vían quen eran os que facían a campaña e marcaban as diretrices? Non: eran tan puros e inocentes que ata facían de altavoces das mentiras dos coríferos da FAES.Así nos vai.País!!!
PD
Por iso me gusta a bitácula de Fermin Bouza, non traga e non renuncia a capacidade reflexión mais, tamén do cabreo.

sexta-feira, 19 de fevereiro de 2010

O vello.

Hoxe o vello ten a moral baixa, pésanlle os anos e non é capaz de sacudir do lombo as preocupacións.Prometíase unha semana feliz, logo duns días de lecer e algo se torceu no camiño.Se cadra non é nada importante mais, abonda para borrar o sorriso.
Vós diredes: está tolo, de que fala ? Tedes razón, xa sei que non digo nada. Ao mellor non teño nada que dicir.Estou triste e o demais, que importa ?

quarta-feira, 10 de fevereiro de 2010

Xabier Cordal

Hai tempo que moitos, dos artigos máis interesantes que puiden ler ou escoitar, proveñen da man de Xabier Cordal. O Humor a frescura e, porque non, a ausencia do politicamente correcto xunto con un compromiso con Galicia e con os galegos, son as armas que nos fan gozar da súa escritura.Parabéns Xabier!
PD:
Déixovos aquí o último e agardo que o gocedes como eu o fixen.

domingo, 7 de fevereiro de 2010

Dúas novas.

Hoxe remata o domingo con dúas boas novas, desas que levantan o ánimo e que che pewrmiten afronter a segunda feira con mellor humor.

1ªFrijolito presidente non gaña as municipais(segundo o seu xornal de cabeira e o destinatario das súas subvencións) e con estes datos tampouco gañaría as autonómica,segundo "el voto con botas", moito máis fiábel que os da Coz que teñen que facer virguerías para endozar a noticia.

2ªAs presentación de " 55 mentiras sobre o galego" foron todo un éxito e un cravo máis no camiño de Frijolito presidente.O home debía pensar que as galegas e galegos somos parvos e que o íamos levar en padiolas a Madrí.

Polo menos un respiro neste val de lágrimas.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA