terça-feira, 11 de maio de 2010

Incertezas

Nestes tempos de incertezas non teño o corpo para escribir.Xa virán tempos mellores.Hoxe tan só quero deixar constancia de que o 17 temos unha cita en Compostela, polo galego e polo país, NON FALTES.

sexta-feira, 30 de abril de 2010

Unha novela.

Do mesmo xeito que na poesía dos noventa a muller colleu as rendas do seu destino, berrou, basta! e renegou do fado, na narrativa, hai tamén unha liña cuxo eixo xira arredor da muller e onde, esta, se convirte en personaxe principal,independente e dona do seu destino, do mesma maneira que na poesía, A MULLER TAMÉN QUERE NAVEGAR E SABE COMO FACELO.

Neste camiño onde Mª Xosé Queizán fixo a bouza precisa para as que virían detrás e nos farían ver o mundo desde a mirada dunha muller libre,(Teresa Moure , a liberdade de Yolanda Zúñiga...), sorprendeume, agora, unha novela que revisa directamente o mito e, derrúbao desde as súas raíces: CIRCE OU O PRACER AZUL de Begoña Caamaño.Unha obra que nos prende, desde as primeiras páxinas e, descóbrenos a traxedia que leva ao mito a ser mito.Unha pesada cadea,cando o único que quería era NAVEGAR.

domingo, 25 de abril de 2010

ovos asados

É unha modalidade nova e non sei se lle pase a receita a Ferrán Adriá. Eu cheguei a ela de casualidade, cóntovos: puxen uns ovos a cocer e ao mesmo tempo comecei a ensarillar na internet. Os meus ollos ficaron esimismados coas novas de Garzón, as paridas de Mariano e non sei cantas cousas máis do mesmo estilo.
Nestas estabamos cando escotei rebentar un obús na cociña . A miña primeira reacción foi a de tirarme ao chan pensando que viñan os da Falanxe( xa o di miña nai con estas cousas non se xoga)mais, fora unha falsa alarma : eran os ovos.Esquecidos e sin auga, algúns estouparon e os outros ,mañá xa vos contarei a que saben.
Voulle escribir a Mariano para que anote no expediente de Garzón que pola súa culpa escaralláronse os meu ovos e isto non debe ficar sen castigo.Saúdos.

VIVA O 25 DE ABRIL!!!!!

domingo, 18 de abril de 2010

Trevinca.

Unha boa fin de semana percorrendo as terras do Concello de A Veiga e os cumes de Trevinca.Un sábado adicado a busca dese sendeiro que logo andaran as/os amigos/as da Asociación de Veciños mais, tamén foi un bo momento para as conversas de sobremesa e para a descuberta de novos recantos onde perderse entre carballos. Un destes espazos é a Senda Verde do Xares, un percorrido de 34 quilómetros arredor do encoro de Prada e unha boa maneira de aproveitar os recursos naturais, esquecendo a caza e os cazadores dos que son tan amigos as autoridades municipais.
Saúde e bo camiño!!!

segunda-feira, 5 de abril de 2010

Pregunta.

Hoxe gustaría de facer unha pregunta inocente: terán algo que ver os resultados dos escolares galegos,sobre todo en linguas, con o feito de que estes estuden dúas linguas e reciban ensinanzas nas dúas?
Isto que todos os científicos afirmaban é negado, sistematicamente polo PP e os seus amigos bífidos
mais, a realidade é teimuda. Agardamos os seus argumentos.

segunda-feira, 22 de março de 2010

Lisboa.

Lisboa. Paseos esvaradíos.Palabras, palabras antigas que volven a nosa memoria.Nomes que nos acompañaron e nos acompañan.Paisaxes amigas:Lisboa. Lisboa cheirando a mar, a amor. Saudade dun tempo que foi e que volverá.Lisboa.

sábado, 13 de março de 2010

Desvaríos.

Mireina ao lonxe. Era a mesma de sempre: unha sombra fuxidía,escapando, escapando sempre.De que ? Nunca o souben. Se cadra dun pasado que a abafaba,recordos desa guerra que ela xamais esqueceu.Dunha familia opresiva,un pai ríxido e bruto....Unha nai sometida e que a empuxou a unha loita, agora abandonada. Fuxía,fuxía e fuxía.Eu, nunca puiden apreixar o sorriso dos seus ollos.
Talvez nunca sorriu e todo o que digo son imaxinacións miñas,lembranzas dun vello decrépito:soños nunca soñados.Pode ser que non a vira e tan só sexa o reflexo dunha ilusión. DESVARÍOS.
Desvaríos para non falar de "Frijolito", nin de "Jesusito ", nin do meu "Anxiño",nin,nin,...
Non, non quero falar deles,quero que desaparezan, que se esfumen das nosas vidas, que nos devolvan o futuro, a esperanza. Soñei con ela, coa ilusión dun mañá e, íase,íase.Iase con cada palabra saída dos seus beizos, dos beizos dun poder que nos traicionou.
Desvaríos,desvaríos das loitas abandonadas que volven outra vez, dos soños esquecidos.DESVARÍOS DE.....DESVARÍOS.

quinta-feira, 11 de março de 2010

Para esta viaxe....

Ven na prensa de hoxe algún adianto do novo decreto do galego. Novo ??.Xa se verá mais, para esta viaxe non facían falta tantas alforxas.Xa falaremos.

segunda-feira, 8 de março de 2010

Ímonos de mani.

Semana de conmemoracións e reivindicacións, aínda que, agora, semella ser moito máis das primeiras que das segundas. O DÍA DA MULLER TRABALLADORA e o DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA non deixan de ser unha especie de rito, uns días bos para sairmos á rúa porque os medios están máis dispostos a facernos caso.
Penso que precisamos un novo enfoque, un novo pulo, non pode ser que vexamos sempre as mesmas caras nos mesmos sitios. Hai que mudar porque tamén muda a cara dos problemas mais, todo sigue igual: explotadores e explotad@s sempre son @s mesm@s.

No desván.

No desván do psiquiatra é onde tiña que estar toda esta panda de descerebrados.Mira que hai que ser paletos para traducir os topónimos ao castelán e logo, serán dos que pronuncian Nova York en inglés. Paletos,paletos e paletos quedáballes moito mellor decir,"desván de los frades y Buey" soaba moito mellor.PALETOS!!!!!

terça-feira, 2 de março de 2010

Notas.

1ª.A quen lle pediu permiso Frijolito presidente para ofertarlle Galiza ao Papa de Roma?Eu non vin que dixera nada diso na súa campaña.

2ª.Por certo, vaia cara que teñen tanto o señor de Roma como o bispo ese que acompañaba a Frijolito, non dixeron nada da súa da súa vida sentimental, que eu saiba non están casados e non escoitei a Igrexa decir nada e se, o señor Frijolito, é tan relixioso, qu fai vivindo en pecado?

3ª.Non ten sorte Frijolito, tivo un aniversario ben soso. Tampouco merecía outra cousa, en todo o ano, o único que tentou facer foi foder ao galego que xa ben fodido está.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA