segunda-feira, 1 de fevereiro de 2016

Madame Bovary.Comentario.

E cando se viu libre de Carlos,Enma subiu a encerrarse no seu cuarto.Ao primeiro sentiu como un atordoamento: vía as árbores, os camiños, as gabias,, a Rodolfo e sentíase aínda apretada entre os seus brazos,mentres se estremecía a follaxe e asubiaban os xuncos.
Pero ao se ver no espello, asombrouse da súa cara.nunca tivera os ollos tan grandes,tan negros, nin tan profundos. Algo sutil espallado sobre a súa persoa a transfiguraba.
Ela repetía “Teño un amante ! Un amante !” deleitandose nesa idea, como outra pubertade que sentía renacer.Ía, pois, posuír por fin aqueles praceres do amor, aquela febre de feliociddae que tanto desexara.Entraba en algo marabilloso onde todo sería paixón,éxtase, delirio ; unha inmensidade azulada envolvíaa, os cumes do sentimento resplandecían baixo a súa imaxinación e a existencia ordinaria non aparecía senón ao lonxe, moi abaixo, na sombra, entre os intervalos daquelas alturas.
Entón lembrouse das heroínas dos libro que lera, e a lexión lírica daquelas mulleres adúlteras comezou a cantar na súa memoria con voces de irmás que a enfeitizaban. Ela viña sendo como unha parte verdadeira daquelas imaxinacións e realizaba o longo soño da súa xuventude contemplándose naquel tipo de namorada que tanto envexara. Por outra parte, Enma experimentaba unha satisfacción de vinganza.Non sufrira xa bastante ?Pero agora triunfaba, e o amor tanto tempo contido, agromaba por enteiro con ledos fervores. Ela saboreábao sen remordemento, sen inquedanza, sen desasosego ningún.
O día seguinte pasou nunha calma nova.Fixéronse xuramentos. Ela contoulle as súas tristuras.Rodolfo interrumpía con bicos e ela contemplábao coas pálpebras semipechadas, pedíalle que a chamase polo seu nome, que lle repetise que a amaba. Isto sucedía no bosque, como na véspera, nunha cabana de zoqueiros. As paredes eran de palla, o tellado era tan baixo que había que dobrarse.estaban sentados un á beira do outro nun leito de follas secas.


-Cal é o tema do fragmento ? Que relación ten co resto da obra?

-Como definirías os personaxes? Móvense polos mesmos intereses?

-Unha das innovacións de Madame Bovary é o punto de vista.Que podes decirnos diso neste fragmento.

-Ten algunha significación o espazo neste fragmento.


Nenhum comentário:

Postar um comentário

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA