quinta-feira, 3 de dezembro de 2015

Máis sobre literatura medieval

Do blogue Caderno de lingua tiro tamén estas dúas presentacións sobre a literatura medieval,unha moi interesante de Ana Martíns e unha proposta de comentario dunha cantiga:

Esquema orientativo para o comentario das cantigas (3º ESO)
1. IDENTIFICACIÓN DA CANTIGA (talho). Xénero: PROFANA (amigo, amor, escarnio ou maldizer) ou RELIXIOSA (Cantigas de Santa María). Para identificar o xénero amoroso, indicaremos se a voz poética se corresponde cunha muller (amigo) ou un home (amor), e se aparecen as plabras clave: “amigo” ou “amado” (amigo) ou “senhor” (amor). En xeral, trátase de avanzar minimamente o contido do texto pero sen analizar a fondo o tema e os motivos temáticos. Subxénero das cantigas de amigo:
o Bailadas: Expresan a alegría de vivir e incitan ao baile
o Mariñas ou barcarolas: aparece o mar personalizado.
o De romaría ou santuario: ambiente das festas campestres a carón dunha ermida
o Albas ou alboradas: A moza quéixase da ausencia do amado durante a noite, ou de querer atopalo na alba.
2. PLANO DO CONTIDO Tema (idea central). O refrán ou a fiinda soen encerrar esa idea central. Estrutura do contido ou “argumento”: trátase de resumir brevemente o que se “conta”. Polo xeral, son textos moi repetitivos que a partir dunha idea inicial apenas introducen ideas novas. Débese ter en conta que presentan:
o Un significado primario ou literal: argumento.
o Simbolismo ou significados secundarios.
Tamén se comenta aquí se o texto presenta a forma de monólogo ou diálogo, o que nos permite identificar os personaxes.
NOTA: para a confección destes dous primeiros apartados tedes que xustificar sempre os motivos polos que chegades a esta ou outra conclusión, fixándose nos elementos vistos: quen “fala”?; palabras clave (amigo, senhor, mesura, coita, descrición física e psicolóxica da dama...); personaxes característicos de cada xénero (nai, amado, pastor...); símbolos (cervos, auga, mar, vento, etc.).
3. PLANO DA FORMA Forma externa: atendendo á ausencia ou presenza de refrán, hai:
o cantiga de refrán: o seu elemento característico é o estribillo, retrouso ou refram. A orixe é popular. É frecuente sobre todo nas cantigas de amigo.
o cantiga de mestría: acostuma ter catro estrofas co seguinte esquema métrico: abbacca, abbaccb, ababcca, ababccb. Carece de refrán. Utilízase sobre todo nas cantigas de escarnio e maldizer e nas cantigas de amor. Teñen a súa orixe na poesía dos trovadores provenzais. Descrición:
o Número de estrofas (cobras ou coblas) e número de versos (palavras) de cada unha.
o Cómputo silábico: compútase ata a última sílaba tónica do verso (cómputo italiano).
o Rima: Esquema (ABBA, ABAB,) e tipos:
 segundo o acento: macho (aguda) ou femia (grave). A rima macho recibe o nome de rima perfecta. Normalmente aparecen mesturadas.
 segundo a repetición da sílaba final: asonante - consonante.
 Se un verso libre queda libre fálase de palavra perduda,
o Tipos de estrofas. En virtude da rima, poden ser:
 unisonantes: repiten a mesma distribución da rima en todas as cobras.
 singulares: cambian de rima dunha cobra a outra, se o fan de dúas en dúas son cobras doblas.
 alternas: riman as pares coas pares e as impares coas impares.
o Recursos formais.
 Paralelismo: imperfecto, paralelismo perfecto (leixaprén) e refrán.
 Procedementos de ligazón interestrófica (a cantiga de amor é máis complexa cá de amigo): Dobres: repetición dunha mesma palabra na mesma posición nun verso. Mordobres: repítese o lexema Atafiindas: unión entre estrofas, onde o sentido dunha continúa nas seguintes. Fiindas: os versos finais da atafiinda, que é unha especie de conclusión.
CPI Manuel Padín Truiteiro (Soutomaior). Novembro 2015.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA