sexta-feira, 3 de julho de 2015

FOR SALE (TERRA FRÍA, Miguel Mato)

FOR SALE

1

nacín nun noroeste
solitario e sombrío

vagamundo 
sobrevivo
na códea dunha terra fría
sen nome 
nen historia

os camiños que levan á casa
permanecen coutados
e nas liñas borradas dos mapas 
o serán conduce ao extravío


2


era este meu país

os días abertos na música 
de bronce e gaitas
nas festas de verán onde o amor
discursos políticos
conversas en vellos cafés que resistían
con furia de comanches a paleadora e a reconversión

sabemos con certeza que os soños non han chegar
ou intuímos outra marea negra
e desta vez será a fin
está a ser a fin
quixemos dicer

e os nosos fillos non fuxirán aos bosques
porque nada importa xa e todo resulta inútil

my friend,c´est fini
o derradeiro de nós
que feche a billa das madrugadas
pendure nas fiestras o cartel
e poña á venda o cerne do país.

Nenhum comentário:

Postar um comentário

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA