segunda-feira, 29 de novembro de 2010

Futbol e crise.

Non pode ser que un país enteiro se paralice por un partido de fútbol e que logo non estean vendendo a acotío o preocupados que temos que estar coa crise.Hoxe non importa a crise. Paísssssss.

segunda-feira, 1 de novembro de 2010

BURIED

Tiña moitos reparos con esta película mais, hei de recoñecer que me sorprendeu agradabelmente. Cuns elementos mínimos o director é capaz de denunciar a actitude hipócrita e inmoral dos invasores, as continuas inxustizas cometidas polos que se definen como abandeirados da liberdade.Unha guerra provocada polos intereses económicos duns poucos e que rematan pagando os de sempre. demagoxia, ao mellor,certezas todas.
Hai vítimas nos dous bandos, cantos máis pobres,máis vítimas e custa moito xulgar os métodos de quen se defende: Teñen dereito e dereitos.
Unha boa película, moi recomendábel.Un saúdo.

PD:
Parabéns para o Zippo.Un bo chisqueiro,capaz de funcionar toda a película sen botarlle gasolina.





.

sexta-feira, 29 de outubro de 2010

Escreber por escreber

Levo tempo sen facer unha postaxe nova e tampouco teño gañas de facelo.Falto de palabras de meu boto das doutros e hoxe tampouco gosto delas.

terça-feira, 19 de outubro de 2010

Medo

Estamos en tempos de medo,onde as vellas pantasmas ouvean de todas partes. Fronte a isto volvamos á poesía:
Terra
Unha liña no horizonte
Lonxe
Auga turba
Remuíños ancorados
Nunha costa inútil
Na túa cara
Un niño de gaivotas carroñeriras
Da terra e do mar

domingo, 3 de outubro de 2010

Resignación.

Quero crer que hai moita xente de esquerdas disposta a facerlle fronte á resignación.Hai pouco unha folga xeral
puxo na rúa a milleiros de persoas a percura dun futuro para os seus fillos e hoxe,militantes do PSOE ,plántanlle cara á dirección e apostan polo candidato máis de esquerdas.Ao mellor aínda non todo está perdido.Saúdos.

domingo, 19 de setembro de 2010

Labordeta.

Morreu Labordeta. Morreu o home que non  lle calaba a ninguén e nós quedamos un pouco máis orfos de referencias e de exemplos  que nos podan servir.Poucos hai xa como Labordeta e desde a dereita á esqueda só achamos xestores dunha presa de votos. A moral e a ideoloxía xa non contan. Isto é unha merda!!!! Que sós ficamos sen Labordeta, menos mal que nos quedan as súas cancións. Saúde.

domingo, 5 de setembro de 2010

Verán.

Non é que non teña gañas de acabar de acabar o verán é que non teño ningunha de traballar.

quinta-feira, 5 de agosto de 2010

O galeguismo de Santiago Rey

A historia de La Coz con os tradutores automáticos xa é vella mais, non agardabamos que isto pasara cun produto en cuxos créditos figuran varios /as correctores lingüísticos.Poren pasou: No último número desa mal chamada Historia da literatura galega aparece un Amado Recuncho como especialista en Pondal, Deus nos valla e nos colla confesados !!!!

quarta-feira, 21 de julho de 2010

Rúa.

A rúa ábrese interminábel fronte ao viaxeiro dubidoso.Non hai nada, ninguén nas beirarrúas nin tras das xanelas pechadas. Un camiño sen fin. Percursos cara ao deserto.
Mañá..., talvez...Hoxe, militantes da derrota. Desertores do soño.

terça-feira, 6 de julho de 2010

Desgraza.

Merquei unha bandeira portuguesa para festexar a súa vitoria sobre as españas e nisto, vai e perde. VEN PODÍA TER AFORRADO OS SETE EUROS.

sexta-feira, 25 de junho de 2010

Rumores.

Chegáronme rumores de que andan buscando ao "negro" que lle escribe os libros de sociolingüística a Anxo Lourenzo. Parece ser que o queren nomear membro da RAG.

Un bico deste vello ao que xa lle cheiran as vacacións.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA