Logo dun deprimente pregón abriron,un ano máis,as portas da Feira do libro de A Coruña.Levo moitos anos asistindo e este non estou mais,levada pola nostalxia encamiñei os meus pasos cara ás súas casetas e mellor non o fixera,aquilo semellaba un funeral e morto era a nosa cultura ,a nosa lingua.
O meu primeiro contacto foi un debate sobre o futuro do idioma e que queredes que vos diga....De contado as miñas visitas ás primeiras casetas non melloraron a percepción,os rostros coñecidos amosaban sorrisos preocupados e nen o público asistente aportaba unha migalla de optimismo.
Ben certo é que cada un fala da feira segundo lle foi nela,mais,ou somos capaces de mudar a situación ou isto vaise co vento.....