domingo, 19 de setembro de 2010

Labordeta.

Morreu Labordeta. Morreu o home que non  lle calaba a ninguén e nós quedamos un pouco máis orfos de referencias e de exemplos  que nos podan servir.Poucos hai xa como Labordeta e desde a dereita á esqueda só achamos xestores dunha presa de votos. A moral e a ideoloxía xa non contan. Isto é unha merda!!!! Que sós ficamos sen Labordeta, menos mal que nos quedan as súas cancións. Saúde.

domingo, 5 de setembro de 2010

Verán.

Non é que non teña gañas de acabar de acabar o verán é que non teño ningunha de traballar.

quinta-feira, 5 de agosto de 2010

O galeguismo de Santiago Rey

A historia de La Coz con os tradutores automáticos xa é vella mais, non agardabamos que isto pasara cun produto en cuxos créditos figuran varios /as correctores lingüísticos.Poren pasou: No último número desa mal chamada Historia da literatura galega aparece un Amado Recuncho como especialista en Pondal, Deus nos valla e nos colla confesados !!!!

quarta-feira, 21 de julho de 2010

Rúa.

A rúa ábrese interminábel fronte ao viaxeiro dubidoso.Non hai nada, ninguén nas beirarrúas nin tras das xanelas pechadas. Un camiño sen fin. Percursos cara ao deserto.
Mañá..., talvez...Hoxe, militantes da derrota. Desertores do soño.

terça-feira, 6 de julho de 2010

Desgraza.

Merquei unha bandeira portuguesa para festexar a súa vitoria sobre as españas e nisto, vai e perde. VEN PODÍA TER AFORRADO OS SETE EUROS.

sexta-feira, 25 de junho de 2010

Rumores.

Chegáronme rumores de que andan buscando ao "negro" que lle escribe os libros de sociolingüística a Anxo Lourenzo. Parece ser que o queren nomear membro da RAG.

Un bico deste vello ao que xa lle cheiran as vacacións.

domingo, 13 de junho de 2010

Dor de moas.

Ao vello xa lle quedan poucas moas mais, estes días, ándanlle revoltas. Non é unha dor forte, é un ruxe-ruxe continuo, un balbordo soterrado pero intenso que se convirte en insoportábel. Mercou un colutorio deses que semellan un xarope para tose e, nin con esas, a incomodidade continuaba.
Canso e preso dun ataque de nervios chamou ao seu dentista para atoparse coa desagradábel sorpresa de que estaba de vacacións. Aquilo xa era a desesperanza total. Aquilo non se podía aguantar e o vello, que é vello e dánlle arroutadas, meteuse na cama e non se ergueu en dous días.
Cando canso do leito, decidiu que xa era dabondo, a dor desaparecera.
O vello non tiña unha explicación :" tan só... ao mellor... pensándoo ben...dándolle moitas voltas...pois pode ser....." Nos dous días non lera un xornal, nen escoitara unha noticia e, por suposto,de Frijolito presidente e de Jesusito de mi vida, rien de rien.

terça-feira, 8 de junho de 2010

Nestes días revoltos.

Nestes días revoltos e de grandes incertezas ao vello xórdenlle preguntas, reflexións que non pode compartir con ninguén sen pagar o prezo do abandono e da condena ao desterro.Tan só esta pequena bitácora soporta os seus desafogos e hoxe, abusando da súa paciencia, déixalle aquí a última, que non a derradeira:
" Miñas donas e meus señores : pensa o BNG seguir moito tempo agochando a loita polo poder e polas fabas de fin mes e envolvendo as navallas nunha falsa ideoloxía revolucionaria ? Ulo os renovadores ? Onde están os líderes ?Alguén ten un plan de futuro ???????????"

terça-feira, 1 de junho de 2010

A preguiza do vello

O vello leva moitas días sen escribir nada. O vello está canso, é vello. Meus queridos amigos e miñas queridas amigas xa sei que andades a criticarme por non saber nada de min mais, cando cheguedes aos meus anos, tamén desapareceredes presas do reuma nos días húmidos.Tampouco seredes capaces de facer dúas tarefas á vez.Desculpádeme e respectade as miñas canas.
Un saúdo do vello.

quarta-feira, 19 de maio de 2010

Manda carallo !!!!

Perdoádeme se son mal falado mais, é o mellor resumo da proposta de pacto feita polo noso "frijolito, presidente". Canda vin o titular do xornal peguei un chimpo : o fillo pródigo regresa ao fogar!!.Un susto sen causa. Non teñas medo Gloria Lac, non pasa nada, foi tan só unha manobra de distracción, tranquila,Alberte e"jesusito de mi vida" velan por ti.
Hai que ter cara e pouca vergonza para propor como pacto o artigo 5º do Estatuto da Autonomía: É A SÚA OBRIGA CUMPRILO E SENÓN,MARCHE.EN MADRID ESPERAN POR VOSTEDE

terça-feira, 11 de maio de 2010

Incertezas

Nestes tempos de incertezas non teño o corpo para escribir.Xa virán tempos mellores.Hoxe tan só quero deixar constancia de que o 17 temos unha cita en Compostela, polo galego e polo país, NON FALTES.

PUTA

 Video poema feito por Marta Villar sobre este poema de Luisa Villalta do libro póstumo Papagaio. PUTA